Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de xaneiro de 2024

    O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP, polas súas siglas en portugués) abriu as candidaturas para participar no seu programa de residencias literarias. O obxectivo é apoiar a circulación de escritores e escritoras de países e rexións de lingua portuguesa.

    Fonte: Correio da Manhã

    16 de xaneiro de 2024

    A campaña ‘Aquí tamén se fala’, impulsada polo IES Rafael Dieste da Coruña, conseguiu o apoio do actor Viggo Mortensen quen nun vídeo expresou a súa defensa do galego.

    Fonte: Xornal da Coruña

    16 de xaneiro de 2024

    A entidade bancaria HSBC cancelou a súa liña de atención telefónica en galés a pesar das múltiples campañas que pedían que se mantivese aberta. 

    Fonte: Nation Cymru

     

    16 de xaneiro de 2024

    Ambas as Administracións mantiveron unha reunión en Barcelona para acordar a cooperación na protección e a promoción da lingua e a cultura catalás.  

    Fonte: La Moncloa

    16 de xaneiro de 2024

    A conselleira de Educación mantivo unha reunión co presidente da Academia da Lingua Asturiana na que valoraron a posibilidade de crear materiais pedagóxicos relacionados coa lingua e a cultura asturianas destinados, principalmente, ao alumnado de 0 a 3 anos.

    16 de xaneiro de 2024

    Esta convocatoria de subvencións está destinada a empresas audiovisuais para o apoio á distribución, comercialización e exhibición audiovisual en galego na provincia da Coruña durante o ano 2024.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de xaneiro de 2024

    A Xunta convoca no Diario Oficial de Galicia (DOG) as probas de avaliación en competencias clave para que as persoas que non posúen a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou o Bacharelato poidan acreditar os seus coñecementos, acceder á formación para o emprego e cursar os certificados profesionais que requiren deses requisitos académicos. 

    16 de xaneiro de 2024

    O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as convocatorias de axudas para proxectos de fomento do uso da lingua galega nos centros de ensino regrado non universitario para o curso escolar 2023/24 cunha dotación económica conxunta de 385 000 €.

    15 de xaneiro de 2024

    O senador inuit Willie Adams foi nomeado polo Goberno do Canadá para recibir a condecoración Orde do Canadá pola súa contribución na protección e promoción da lingua inuktitut.

    Fonte: Nunavut News

    15 de xaneiro de 2024

    O Ministerio de Inmigración e Integración anunciou a creación dun grupo interministerial que revisará o programa de ensino da lingua dinamarquesa para as persoas estranxeiras que chegan ao país.

    Fonte: The Local 

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder