Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de xaneiro de 2024

    Un estudo elaborado polo Índice de Proficiencia en Inglés da EF revelou que as cidades de Braga e Guimarães ocupan o segundo e o terceiro posto respectivamente no que atinxe ao dominio da lingua inglesa en Portugal. O primeiro posto foi ocupado pola cidade de Coímbra.

    Fonte: Correio do Minho

    09 de xaneiro de 2024

    Entre xaneiro e marzo Narón acollerá seis espectáculos dirixidos a público familiar e infantil ao abeiro do programa Apego, unha iniciativa que ten entre os seus obxectivos apoiar a crianza en galego ou mellorar a socialización nesta lingua.

    Fonte: Enfoques

    09 de xaneiro de 2024

    A escritora kurdo-siria Amina Omer, alias Keça Kurd, recibiu na cidade iraquí de Arbil o Premio Zara de Lingua Kurda pola súa contribución á literatura escrita nesta lingua.

    Fonte: Kurdistan 24

     

    09 de xaneiro de 2024

    Naroa Anabirtate é a autora do traballo Things that are (said) and things that are not: A brief look at the ideological context of the Basque lenguage, no que analiza a importancia dos contextos ideolóxicos na evolución do éuscaro.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    09 de xaneiro de 2024

    Baixo o título «Languages Lanean», este congreso, que se celebrará os días 18 e 19 de xaneiro en Bilbao, abordará a xestión lingüística no mundo laboral para coñecer experiencias que axuden ao incremento no uso do éuscaro neste ámbito.

    Fonte: Deia

    09 de xaneiro de 2024

    Este grupo de investigación está a traballar nunha nova edición crítica das Cantigas de Santa María de Afonso X O Sabio, que estará acompañada dunha tradución ao galego actual. Así mesmo, realizou a primeira tradución completa ao castelán destas composicións, dispoñible en formato dixital.

    08 de xaneiro de 2024

    O presidente da Comisión de Lingua da illa de Guernsey, no canal da Mancha, declarou que o francés de Guernsey debería ser ensinado nas escolas para garantir a súa supervivencia.

    Fonte: Language Magazine

    08 de xaneiro de 2024

    O Brasil atesoura actualmente só un 20 % das 1175 linguas que se falaban cando chegaron os europeos en 1500. Alén diso, o Brasil aínda non recoñece ningún idioma indíxena como oficial.

    Fonte: Observatório do Terceiro Setor

    08 de xaneiro de 2024

    O persoal médico e de enfermería extracomunitario que desexe acceder ao Servizo Vasco de Saúde poderá facelo sen cumprir o perfil lingüístico, aínda que o coñecemento do éuscaro si será obrigatorio para quen acceda a través dunha Oferta Pública de Emprego.

    Fonte: Redacción Médica

    08 de xaneiro de 2024

    Máis de 1500 alumnas/os de 28 escolas diferentes participan na novena edición dun concurso no que elaborarán xogos para aprender aspectos da cultura, a lingua e as tradicións do dominio lingüístico catalán.

    Fonte: Plataforma per la Llengua

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder