Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de xaneiro de 2024

    En total recibiron apoio 56 proxectos grazas a unha liña de subvencións, á que se destinou 1,6 millóns de euros nos anos 2022 e 2023, para a incorporación do catalán aos produtos tecnolóxicos.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    03 de xaneiro de 2024

    O Senado licitou un contrato por un importe máximo de 756 000 euros para os servizos de tradución e interpretación das intervencións que se realicen en galego, éuscaro, catalán e valenciano durante as sesións parlamentarias desta Cámara.

    Fonte: Galicia Confidencial

    03 de xaneiro de 2024

    Ao longo do ano 2023 déuselles continuidade a diferentes accións para preservar, fortalecer e promover a diversidade lingüística e cultural de México, entre elas, sinalización en linguas indíxenas, a Feira das Linguas Indíxenas, a conmemoración do Día Internacional da Lingua Materna, profesionalización de persoas intérpretes e tradutoras etc.   

    03 de xaneiro de 2024

    A Xunta de Galicia aposta pola difusión do cinema galego a través da colaboración coa plataforma en liña Filmin para poñer a disposición do público un catálogo monográfico no que se agrupan filmes de autoría galega, xunto con outras películas que poden verse en galego grazas á dobraxe ou aos subtítulos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de xaneiro de 2024

    Cada ano danse a coñecer en distintas linguas as palabras que mellor definen a actualidade e que no caso de 2023 foron, por poñer algún exemplo, polarización en español, femminicidio (feminicidio) en italiano, Krisenmodus (modo crise) en alemán, artificial intelligence (intelixencia artificial) en inglés, zei (impostos) en xaponés ou monsterbank (banco monstro) en Suíza.

    03 de xaneiro de 2024

    Un total de 51 nenas e nenos recibiron un agasallo por participar na segunda edición do certame Cartas de Verán, unha iniciativa do Concello da Coruña que busca fomentar a escrita en lingua galega entre os menores de ata 12 anos.

    Fonte: A Coruña na Rede

    02 de xaneiro de 2024

    Iniciativa pol Asturianu organiza a votación popular en internet para escoller a mellor noticia para o asturiano de 2023, unha consulta que permanecerá aberta ata o 9 de xaneiro.  

    Fonte: La Voz de Asturias

    02 de xaneiro de 2024

    Segundo o último informe do Consello Escolar da Comunidade Valenciana, só a metade dos colexios ten como lingua base o valenciano, unha porcentaxe que se reduce na ESO e no Bacharelato ata o 15 % de horas nesta lingua.  

    Fonte: Levante EMV

    02 de xaneiro de 2024

    O ministro da Secretaría de Políticas Lingüísticas compartiu os desafíos do seu departamento para o novo ano, entre os que sinalou a garantía dos dereitos lingüísticos das persoas xordas, a protección das 19 linguas de Paraguai ou a recuperación do status lingüístico do guaraní, entre outros.

    Fonte: El Nacional

    02 de xaneiro de 2024

    A Asemblea Nacional de Transición de Burkina Faso acordou outorgarlles ao inglés e ao francés, que deixa de ser oficial, o status de linguas de traballo, mentres que se converten en oficiais as linguas nacionais.

    Fonte: Le Courrier du Vietnam

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder