Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de xaneiro de 2024

    O BNG levará a pleno unha moción para que o Goberno local cree neste primeiro semestre do ano 2024 o Consello Local da Lingua, así como o plan de normalización, tal e como recolle a Ordenanza do galego.

    Fonte: La Opinión de A Coruña

    05 de xaneiro de 2024

    A pesar de que o sueco é a segunda lingua oficial de Finlandia, unicamente o 6 % da poboación fala este idioma como materna. Os medios de comunicación en lingua sueca de Finlandia levan a cabo iniciativas innovadoras para subsistir.

    Fonte: IJNET

    05 de xaneiro de 2024

    A lingua mirandesa, segundo idioma oficial de Portugal, conta na actualidade con aproximadamente 1000 falantes e o seu ensino nas escolas é primordial para a súa supervivencia.

    Fonte: CNN Portugal

    05 de xaneiro de 2024

    A Academia da Lingua Asturiana convocou para o 27 de xaneiro a primeira proba de coñecemento do nivel de asturiano, que inclúe unha parte oral e outra escrita.

    Fonte: La Voz de Asturias

    05 de xaneiro de 2024

    As autoridades educativas lituanas traballan nunha proposta para eliminar o ruso das escolas, tanto nas que é idioma de ensinanza como nas que se aprende como lingua estranxeira, unha decisión que forma parte das represalias contra Rusia pola invasión de Ucraína.

    05 de xaneiro de 2024

    A Academia da Lingua Asturiana incorporará ao seu dicionario a palabra «xentrificación», escollida como neoloxismo do ano nunha votación popular a través das redes sociais na que obtivo o 33 % dos apoios.

    Fonte: InfoAsturies

    04 de xaneiro de 2024

    O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas premiou tres obras escritas en zapoteco, tsotsil e huasteco, que resultaron gañadoras da convocatoria Cómic en Linguas Indíxenas Nacionais.

    Fonte: Noroeste

    04 de xaneiro de 2024

    Esta ducia de medidas, que supuxeron un investimento de máis de dous millóns de euros, teñen como obxectivo impulsar o uso do catalán no ámbito do coñecemento e están destinadas á acollida lingüística dos estudantes de mobilidade, a proxectos lingüísticos nas universidades, á acreditación lingüística do profesorado, á información sobre o respecto dos dereitos lingüísticos etc.  

    04 de xaneiro de 2024

    O consistorio entregaralles as subvencións directamente ás persoas que estuden éuscaro, para que paguen a matrícula. Para optar a estas axudas, deben ser maiores de idade; ter un nivel mínimo de asistencia do 75 %  nos niveis A1, A2, B1, B2 e do 80 % no nivel C1; e matricularse nun centro recoñecido por Habe.

    Fonte: El Diario Vasco

    04 de xaneiro de 2024

    Filólogas da Universidade de Santiago, en colaboración co Instituto da Lingua Galega, lanzan o primeiro dicionario de mulleres lexicógrafas de linguas duns 25 países, unha ferramenta en liña que se pode consultar en galego e en inglés.

    Fonte: Nós Diario

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder