A Universidade de Vigo concedeu á Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense o distintivo de galeguización Gal Ego 2023 que recoñece a promoción e uso do galego en facultades e escolas.
Fonte: Universidade de Vigo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Universidade de Vigo concedeu á Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense o distintivo de galeguización Gal Ego 2023 que recoñece a promoción e uso do galego en facultades e escolas.
Fonte: Universidade de Vigo
Un grupo de estudantes da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense da Universidade de Vigo participaron nun proxecto europeo sobre innovación docente onde mesturaron música, matemátias e linguas con estudantes de Francia, Países Baixos e da Universidade de Santiago de Compostela.
Fonte: Universidade de Vigo
A Consellaría de Educación da Generalitat Valenciana está considerando a posibilidade de consultar as familias sobre a lingua vehicular dos seus fillos e fillas en cada centro escolar.
Fonte: El País
O Ministerio de Educación e Investigación de Estonia declarou que ningunha institución educativa recibirá prórrogas para poder aplicar o proceso de transición educativa cara á lingua estoniana. A partir do curso 2024-2025, todas as escolas e centros educativos deberán ter profesorado con nivel mínimo de C1 de estoniano.
Fonte: ERR
A Fundación do Español Urxente (Fundéu), promovida pola Real Academia Española e a Axencia EFE, escolleu "polarización" como Palabra do Ano 2023 en lingua castelá. Esta voz, cuxo uso se estendeu nos últimos anos, está presente no dicionario da RAE desde o ano 1884.
Fonte: Fundéu
A canle de televisión en gaélico TG4 emitirá o documentario Gael Linn ag 70 para conmemorar o 70 aniversario da organización a prol da lingua gaélica Gael Linn e analizar a súa historia e a súa influencia na música irlandesa.
Fonte: Irish Central
A Real Academia Galega vén de facer pública a Palabra do Ano 2023 que será "cibercarracho, -a", un neoloxismo de recente creación que tira do humor para designar os virus ou actos delituosos de índole informática. "Cibercarracho, -a" é a décima palabra do ano en galego desde que se celebra a votación popular promovida polo Portal das Palabras.
Fonte: RAG
O Consello Médico Xeral do Reino Unido, organismo que regula a práctica da medicina de primaria no Reino Unido, aplicará no territorio do País de Gales as normas do Goberno de Gales que garantan o uso diario do galés na práctica médica.
Fonte: General Medical Council
O festival de música Geada, que acontece na vila portuguesa de Miranda do Douro, naceu co obxectivo de dar valor e fomentar a lingua e cultura mirandesas, os maiores activos deste territorio do nordeste portugués.
Fonte: Diário de Trás-os-Montes
O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela publicou a convocatoria de cursos de linguas para o segundo semestre do curso 2023-2024 nos campus de Santiago e Lugo. Están dirixidos a alumnado e persoal da USC e a calquera persoa interesada maior de 16 anos.
Subscríbase ao boletín