Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de setembro de 2023

    O músico e compositor brasileiro, Caetano Veloso, recibiu en Lisboa a Medalla ao Mérito Cultural, das mans do primeiro ministro portugués, António Costa. O mandatario portugués destacou o labor do artista na protección e divulgación da lingua portuguesa por todo o mundo.

    Fonte: Portugal Digital

    13 de setembro de 2023

    Segundo informou o coordinador do primeiro Foro Lusófono de Gobernanza que terá lugar en São Paulo, na actualidade a lingua portuguesa carece de mecanismos en internet que protexan os seus falantes fronte aos discursos de odio e fronte aos riscos relacionados co uso da intelixencia artificial.

    Fonte: Nações Unidas

    13 de setembro de 2023

    «Escolma para ver e escoitar física» é o título da nova entrega de Proxector, iniciativa do Consello da Cultura Galega en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela que ofrece nun espazo web recursos audiovisuais en galego de diversas materias.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    13 de setembro de 2023

    Esta convocatoria de axudas correspondente ao exercicio 2023, inicialmente dotada con 2,43 millóns de euros, incrementarase en 800 000 euros adicionais, que se destinarán a proxectos audiovisuais en éuscaro.

    Fonte: Gobierno Vasco

    13 de setembro de 2023

    O obxectivo desta campaña, que ten como lema «Aprender éuscaro, un camiño cada vez máis sinxelo», é animar a cidadanía a inscribirse no euskaltegi.

    Fonte: Gobierno Vasco

    13 de setembro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu no Pazo de San Roque, a sete dos nove lectores de lingua e cultura galegas que inician a súa actividade nos Centros de Estudos Galegos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

    12 de setembro de 2023

    A catedrática Isabel Alvárez Sancho, da Universidade do Estado de Oklahoma, organizou e participou en diferentes iniciativas nos EUA para difundir investigación e coñecemento sobre a lingua asturiana.

    Fonte: Oklahoma State University

    12 de setembro de 2023

    Un total de 52 filmes de 17 países diferentes integrarán o Festival de Cinema Xordo de Arxentina que promove a inclusión e a accesibilidade na sétima arte. 

    Fonte: Infobae

    12 de setembro de 2023

    A Real Academia Galega presentou no XVI Congreso Internacional de Antropoloxía, que se celebrou na Coruña, o proceso de deseño e posta en marcha de ‘Modo galego, actívao’, un proxecto para desenvolver accións de dinamización lingüística en espazos comunicativos fóra das aulas.

    12 de setembro de 2023

    O Goberno vasco financiará con 4,5 millóns de euros a gratuidade para que a cidadanía poida aprender éuscaro de balde no curso 2023-2024. Ata o momento máis de 5300 persoas xa solicitaron a axuda.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder