Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de decembro de 2023

    Estes galardóns recoñecen o labor de personalidades, entidades e proxectos que traballan para fomentar a lingua de signos catalá (LSC). No acto de entrega dos premios presentouse a adaptación do Marco Común Europeo de Referencia para a Aprendizaxe de Linguas á LSC.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    15 de decembro de 2023

    Esta ferramenta, destinada a familias con fillas/os de 3 a 6 anos e elaborada por estudantes do 4º curso do Grao en Pedagoxía da Universidade de Santiago, ten como obxectivo promover unha relación saudable coas tecnoloxías e as contornas dixitais.

    Fonte: Código Cero

    15 de decembro de 2023

    Centos de escolas primarias da Illa de Man participaron nunha iniciativa de elaboración de postais do Departamento de Educación, Deportes e Cultura para aprender o gaélico manés.

    Fonte: FM Energy

    15 de decembro de 2023

    Un estudo realizado en diversas localidades de Turquía revelou que unha importante porcentaxe (61 %) das persoas de orixe kurda quere que este idioma se converta en lingua oficial.

    Fonte: Bianet

    14 de decembro de 2023

    O Goberno navarro tomará en consideración o proxecto de decreto que regula a valoración de méritos no acceso a postos de traballo na Administración foral, entre eles, o coñecemento do éuscaro cando estea relacionado co contido do posto.  

    14 de decembro de 2023

    Neste acto, celebrado en Bilbao, recoñecéronse os avances de entidades públicas e privadas en materia de xestión e desenvolvemento do éuscaro. Así, ademais dos certificados Bikain, entregáronse outros distintivos como os diplomas Harrobi.

    14 de decembro de 2023

    El uso habitual del catalán en las pymes é o título dun informe da patronal Pimec que, entre as súas conclusións, sinala que o uso do catalán nas comunicacións coa clientela se incrementou un 17,1 % na última década.

    Fonte: La Vanguardia

    14 de decembro de 2023

    Xa se coñecen os traballos finalistas e gañadores do VIII Concurso de subtitulación de vídeos TED de ciencias da saúde ao galego (#TEDSaúde), un certame que ten como obxectivo contribuír á creación de recursos divulgativos nesta lingua no eido da saúde.

    14 de decembro de 2023

    Estas son as seis voces que optan a se converter na Palabra do Ano 2023 e polas que se poderá votar ata o luns 25 de decembro a través do Portal das Palabras: biodiversidade, cibercarracho, -a, cooficialidade, dereitos humanos, educación emocional e feitiño, -a.

    13 de decembro de 2023

    O Parlamento da Unión Europea anunciou a convocatoria dun concurso público para a contratación de profesionais do ámbito lingüístico que desexen traballar na Dirección Xeral de Tradución.

    Fonte: Slator

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder