Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de decembro de 2023

    A cidade de Ponta Delgada, nos Azores, acolleu a presentación de Açorianidade no Tempo, o maior libro editado en lingua portuguesa. O libro reúne 150 títulos de 263 autores diferentes.

    Fonte: Bom dia

    13 de decembro de 2023

    A compañía pontevedresa TICgal acaba de presentar a Uxía, un chatbot impulsado por intelixencia artificial co que se pode interactuar en español, inglés e galego.

    Fonte: GaliciaPress

    13 de decembro de 2023

    Euskarabidea e varias entidades locais de Navarra puxeron en marcha a Escola de Nais e Pais para familias cuxas fillas e fillos aprenden éuscaro no centro escolar. Así, a través de sesións en liña, reciben información e recursos sobre temas que lles poden resultar de interese.

    13 de decembro de 2023

    A renovación deste convenio, polo que o Consello da Avogacía Catalá recibirá 350 578 euros, suporá a execución dun programa de fomento do uso do catalán nas actuacións procesuais de asistencia xurídica gratuíta para o ano 2024.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    13 de decembro de 2023

    O Catálogo de Nadal 2023 inclúe diferentes propostas de agasallos co obxectivo de dar ideas para estas festas, así como promover un consumo responsable que aposte pola calidade, a proximidade e a lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    12 de decembro de 2023

    O novo comisario da Lingua Gaélica da República de Irlanda, Séamas Ó Concheanainn, declarou que se farán importantes esforzos para garantir o acceso aos servizos públicos dos falantes de gaélico irlandés.

    Fonte: The Irish Times

    12 de decembro de 2023

    A falta de persoal levou á cidade de Helsinqui a formar profesorado en España para traballar en escolas infantís de lingua sueca.

    Fonte: YLE

    12 de decembro de 2023

    Grazas ao labor do Departamento de Orientación do IES Eusebio Baleirón, xa está dispoñible en galego o comunicador dinámico AsTeRICS GRID, unha aplicación que permite usar pictogramas e imaxes para mellorar a comunicación de persoas con dificultades.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    12 de decembro de 2023

    O Gremio de Editores de Cataluña salientou o incremento das vendas do libro en catalán, un 12 % respecto ao ano anterior, que supoñen uns 140 millóns de euros no sector do libro en Cataluña.  

    Fonte: Ara

    12 de decembro de 2023

    Terminologia de les barreres al comerç internacional, publicada en liña polo TERMCAT e ACCIÓ, inclúe 200 termos en catalán coas súas equivalencias en castelán, francés e inglés, así como definicións e notas complementarias.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder