Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de decembro de 2023

    O Observatorio de las Hablas Andaluzas é un proxecto no que traballarán varias universidades de Andalucía que servirá para divulgar e poñer en valor o español falado nesta comunidade, así como para desterrar estereotipos e tópicos.

    Fonte: La Voz de Cádiz

    07 de decembro de 2023

    No marco da edición deste ano da Durangoko Azoka porase en marcha esta campaña, impulsada pola editorial Harriet e o Goberno vasco, para fomentar a lectura en éuscaro entre a xente nova.

    Fonte: Noticias de Álava

    05 de decembro de 2023

    Os resultados do censo realizado en Montenegro revelaron que máis do 50 % da poboación declarou falar serbio como primeira lingua. Esta situación podería obrigar as autoridades a introduciren o ensino do serbio no sistema educativo e como lingua oficial.

    Fonte: Euronews

    05 de decembro de 2023

    O Goberno de Andorra acaba de presentar a campaña "M'ho pots dir a català" coa que pretende evitar que a cidadanía que fala catalán mude de lingua coas persoas que proceden doutros lugares.

    Fonte: El Nacional

    05 de decembro de 2023

    A Deputación da Coruña convoca a sétima edición do Concurso “Quero Cantar”, cuxo obxectivo é fomentar o uso do galego e a creatividade poética e musical entre a poboación infantil e xuvenil de ata 16 anos.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    05 de decembro de 2023

    Sara Rodríguez Fernández é a autora do Dicionario do galego do Bierzo, un volume que recolle o léxico da comarca. Inclúe 15 000 palabras coas súas definicións e as súas variantes.  

    Fonte: La Nueva Crónica

    05 de decembro de 2023

    WhatsApp Orain é o novo servizo de noticias en éuscaro creado por informativos EITB que se engloba na marca dixital Orain Berriak. Primará as noticias de máis impacto social e o formato vídeo e imaxes.

    Fonte: EITB

    05 de decembro de 2023

    Por cuarto ano consecutivo comeza a campaña «Eskatu Eskaini Euskaraz» que ten como obxectivo fomentar o uso do éuscaro no comercio e na hostalería e sensibilizar as persoas consumidoras. Un total de 131 localidades vascas participarán nesta iniciativa.

    Fonte: Gobierno Vasco

    05 de decembro de 2023

    O éxito da campaña «Aquí tamén se fala galego», impulsada o pasado curso polo IES Rafael Dieste (A Coruña), levou a que outros centros se sumasen á iniciativa, que ten como obxectivo fomentar o uso do galego no comercio local e demostrar que as actitudes lingüísticas deste sector son favorables á lingua.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    05 de decembro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega do XVII Premio de Narrativa Breve Repsol ao enxeñeiro e escritor Francisco Fernández Dávila, galardoado pola súa obra Groenlandia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder