A Universidade de Aberdeen, unha das máis antigas de Escocia, está considerando a cancelación das licenciaturas lingüísticas pola baixada das matrículas.
Fonte: STV News
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Universidade de Aberdeen, unha das máis antigas de Escocia, está considerando a cancelación das licenciaturas lingüísticas pola baixada das matrículas.
Fonte: STV News
O festival Carballo Interplay, que se celebrará os días 4, 5, 6 e 7 de abril de 2024, presenta unha novidade para a vindeira edición: o Premio a Mellor Contido Dixital en Galego, cuxo obxectivo é darlles visibilidade aos creadores e creadoras que difunden contidos audiovisuais nesta lingua na rede.
Fonte: Código Cero
Unhas sesenta persoas participaron nunha proba piloto para fomentar o uso do catalán no ámbito dos servizos sociais. Esta actividade formativa buscaba coñecer as causas dos hábitos lingüísticos da poboación catalanfalante, adquirir competencias para usar esta lingua no contexto laboral ou intervir nos prexuízos lingüísticos.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega do Premio Otero Pedrayo 2023 ao académico Darío Villanueva, galardoado pola súa contribución á cultura no campo das letras e do coñecemento.
Este informe sinala que o ano pasado se rexistraron 212 incidencias por vulneracións dos dereitos lingüísticos, 65 menos que o ano anterior. O 96 % das queixas relacionouse co dereito a usar o éuscaro.
Fonte: Gobierno Vasco
PSOE e Sumar presentaron un recurso, impulsado pola Obra Cultural Balear, ante o Tribunal Constitucional contra o decreto que elimina o requisito do catalán na sanidade.
Fonte: Cadena SER
Os concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo convocan unha nova edición deste certame cuxo obxectivo é apoiar a difusión da improvisación oral en verso e contribuír así á promoción do uso do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O director do Banco Central de Nova Zelandia, Adrian Orr, defendeu a promoción da lingua maorí nas institucións públicas a pesar das ameazas de reducir o seu uso por parte do novo goberno de centro-dereita.
Fonte: CNA
A cidade de Dublín contará a partir de agora co The Deaf Café, a primeira cafetaría en lingua de signos de Irlanda. O local converterase nun centro de lecer e educativo para toda a comunidade de persoas xordas.
Fonte: Irish Examiner
Un estudo publicado na revista Science Advances revela que a exposición á fala a través da voz da nai en etapas prenatais pode axudar a mellorar o procesamento da linguaxe nos neonatos.
Fonte: El País
Subscríbase ao boletín