Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de novembro de 2023

    Con motivo do Día da Lingua Islandesa, o aeroporto de Reiquiavik, capital de Islandia, decidiu priorizar o uso do islandés na megafonía e sinais informativos. O inglés era a primeira lingua desde 2016.

    Fonte: Grapevine

    24 de novembro de 2023

    Ante a baixada irrefreable de falantes das linguas vernáculas de Bután e a inacción do seu goberno, as redes sociais poderían axudar a preservar a importante diversidade lingüística deste pequeno estado do Himalaia.

    Fonte: The Wire

    23 de novembro de 2023

    O Goberno vasco e a Federación de Autoescolas de Euskadi presentaron o material para poder obter os permisos de conducir en éuscaro: A1-A2 de ciclomotor e B de automóbiles.

    Fonte: Gobierno Vasco

    23 de novembro de 2023

    O proxecto «Federazioetako Euskara-Gaitasuna», impulsado pola Asociación de Federacións Deportivas de Biscaia (ASFEDEBI), recibirá da Deputación unha axuda de 15 000 euros para a súa execución en 2023.

    Fonte: Bizkaiko Foru Aldundia

    23 de novembro de 2023

    O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou na presentación do volume Poemas de vida, de Pepe Montes, socio fundador de Feiraco e antigo presidente da cooperativa.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    23 de novembro de 2023

    Trátase da terceira edición da campaña #AsPalabrasDaCiencia, que ten como obxectivo  subliñar a idoneidade do galego como lingua para facer ciencia e que se difundirá a través das redes sociais da Deputación da Coruña.

    Fonte: Deputación da Coruña

    22 de novembro de 2023

    Un evento con música, baile, poesía e narración oral conmemora a Semana do Escocés do Úlster na cidade norteirlandesa de Belfast.

    Fonte: Belfast City Council

    22 de novembro de 2023

    A Secretaría de Educación do Goberno de São Paulo mudará o currículo educativo e incrementará as horas destinadas á materia de lingua portuguesa en todas as escolas públicas do estado.

    Fonte: São Paulo Governo do Estado

    22 de novembro de 2023

    A Asociación de Investigadores AgroMar organiza unha nova edición desta iniciativa que ten como obxectivo fomentar o uso do galego como ferramenta para a comunicación científica e visibilizar o traballo do persoal investigador do campus de Lugo.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    22 de novembro de 2023

    Ao longo dos meses de decembro e xaneiro proxectaranse de xeito gratuíto cinco películas no marco do ciclo de cine familiar en valenciano.

    Fonte: El Periòdic

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder