A conselleira de Educación anunciou a creación dunha praza de asesor en lingua, interculturalidade e cohesión social (LIC) para reforzar a aprendizaxe do aranés nos centros educativos de Aran.
Fonte: La Vanguardia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A conselleira de Educación anunciou a creación dunha praza de asesor en lingua, interculturalidade e cohesión social (LIC) para reforzar a aprendizaxe do aranés nos centros educativos de Aran.
Fonte: La Vanguardia
Bankoa-Abanca, CaixaBank, Rural Kutxa, Kutxabank e Laboral Kutxa anunciaron as iniciativas postas en marcha para promover o uso do éuscaro nas entidades financeiras e garantir os dereitos lingüísticos da súa clientela.
Fonte: Gobierno Vasco
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Museo do Pobo Galego na inauguración da exposición «Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito», impulsada pola Xunta de Galicia e producida pola Editorial Galaxia coa colaboración da Fundación Penzol e a Real Academia Galega (RAG) para dar a coñecer a figura do homenaxeado nas Letras Galegas 2023.
Unha lingüista da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa declarou que o ensino do portugués como lingua estranxeira no sistema educativo de Guinea-Bissau, e non como lingua de instrución, contribuiría a incentivar o desenvolvemento do país africano.
Fonte: Notícias ao Minuto
Desde 2009, o número de estudantes que cursa linguas estranxeiras nas universidades estadounidenses caeu drasticamente e isto podería pór en risco a seguranza nacional dos EUA.
Fonte: Ohio Capital Journal
Un estudo elaborado pola Universidade de Finlandia Oriental revela que o uso xeneralizado do inglés en Finlandia non ameaza a posición do finés. Restrinxir o uso desta lingua podería danar a cooperación internacional e a integración de persoas estranxeiras no país nórdico.
Fonte: YLE
O Goberno do País de Gales informou de que o primeiro ano do programa de aulas gratuítas de galés para adolescentes e persoal de centros educativos tivo moi boa acollida e evidenciou que nunca antes fora tan fácil aprender a lingua vernácula.
Ambas as institucións mantiveron unha reunión de seguimento do convenio de colaboración, en vigor dende 2008, para a posta en marcha de actuacións de promoción do valenciano.
Fonte: Ajuntament de Vinaròs
No marco da campaña «T’agradarà llegir en català» distribuiranse revistas en catalán nas salas de espera de centros sanitarios privados de Cataluña co obxectivo de fomentar a dispoñibilidade de publicacións e de lecturas sobre diferentes temáticas nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un dos convenios de colaboración asinouse coa Mesa pola Normalización Lingüística para financiar o proxecto "A liña do galego" con 34 000 euros. O outro asinouse coa Agrupación Cultural Correlingua para o financiamento da iniciativa "Na casa, na escola, bota a lingua fóra!" con 20 000 euros.
Subscríbase ao boletín