A Oficina Rexional Multisectorial da Unesco en Beirut está a levar a cabo consultas para aprobar un plan de acción que terá como obxectivo a promoción da lingua árabe nos países arabófonos.
Fonte: Unesco
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Oficina Rexional Multisectorial da Unesco en Beirut está a levar a cabo consultas para aprobar un plan de acción que terá como obxectivo a promoción da lingua árabe nos países arabófonos.
Fonte: Unesco
O Goberno de Macau anunciou a aprobación dun programa que ten como obxectivo incentivar a contratación de profesionais da tradución chinés-portugués e do ensino da lingua portuguesa.
Fonte: Diário de Notícias
A xornada 'Euskera e interculturalidad en las comunidades educativas: buenas prácticas y nuevas aportaciones' celebrarase o 1 de decembro e nela abordaranse experiencias da Mancomunidade de Municipios Vascos (Uema).
Fonte: El Diario Vasco
Plataforma per la Llengua recibiu en 2022 un total de 2145 queixas sobre discriminacións lingüísticas, das cales o 38,8 % facía referencia ao sector público, fronte ao 61,2 % referidas ao sector privado.
Fonte: Plataforma per la Llengua
As empresas galardoadas foron Nós Televisión, na categoría de uso consolidado da lingua galega, e o establecemento hostaleiro O Transistor, na categoría de nova incorporación á lingua.
Fonte: Concello de Ames
A Plataforma per La Llengua e o sindicato UGT solicitáronlle á Generalitat que se introduza unha materia específica de lingua catalá nos ciclos formativos de grao medio e de grao superior no novo currículo educativo para o curso 2024-25.
Fonte: La Vanguardia
Máis de 200 estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria dos seis centros educativos de Errenteria traballan na segunda edición dun proxecto sobre diversidade lingüística, da man de Garabide.
Fonte: El Diario Vasco
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do I Premio de oratoria en formato podcast Ramón Otero Pedrayo, convocado pola Asociación de Amigos Otero Pedrayo co apoio da Xunta de Galicia e da cooperativa agroalimentaria Coren.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da guía didáctica sobre Frei Martín Sarmiento, elaborada polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS), o centro de investigación mixto do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e da Xunta de Galicia.
O Departamento de Educación dos EUA concederalle ao Instituto de Linguas Indíxenas do Noroeste da Universidade de Oregón unha axuda de 1,7 millóns de euros para crear un centro de revitalización de linguas nativas no estado de Oregón.
Fonte: KPIC
Subscríbase ao boletín