Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de novembro de 2023

    O 5 de novembro conmemórase o Día Mundial da Lingua Romaní co obxectivo de reivindicar este idioma como testemuño da existencia, da historia e da identidade deste pobo. Grupos de activistas traballan dende hai anos en Barcelona para lograr este obxectivo.

    Fonte: La Vanguardia

    06 de novembro de 2023

    Unha multitudinaria manifestación, convocada por Kontseilua, percorreu as rúas de Bilbao para denunciar varias sentenzas que anularon normativa dirixida a promover o éuscaro ou concursos públicos de emprego nos que se esixían coñecementos desta lingua.

    Fonte: La Vanguardia

    06 de novembro de 2023

    A Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia celebran o 95 aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas na súa véspera coa reedición de dous clásicos do autor: Historia de emigrantes e Galegos no Golfo de México.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de novembro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura das xornadas «Olladas no pasado 2023: 40 anos da Lei de Normalización Lingüística», organizadas polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Xunta de Galicia.

    03 de novembro de 2023

    O Goberno de Escocia anunciou que en breve aprobará unha nova lei de linguas que garanta protección e promoción das linguas vernáculas escocesas: o gaélico escocés e o scots.

    Fonte: BBC

    03 de novembro de 2023

    A comisaria da Lingua Galesa, Efa Gruffudd Jones, mostrou nun informe a súa preocupación sobre o uso do galés no espazo laboral. O relatorio revelou que o ambiente de traballo das empresas galesas non invita á promoción do galés.

    Fonte: Nation Cymru

    03 de novembro de 2023

    O Parlamento balear aprobou unha proposición que apoia o fomento do coñecemento e o uso do catalán, pero rexeita que sexa un requisito para acceder á Administración pública.

    Fonte: Última Hora

    03 de novembro de 2023

    A Xunta de Galicia impulsa máis dunha trintena de actividades para celebrar este novembro o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas da rede pública da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, así como nas bibliotecas escolares. O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar sobre o valor de empregar o galego na divulgación científica.

    03 de novembro de 2023

    A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación decidiu outorgarlle o Premio Xela Arias nesta VI edición á Asociación Galega de Editoras polo seu traballo a favor do sector editorial galego.

    Fonte: Galicia Confidencial

    03 de novembro de 2023

    A Sociedade Histórica de Scituate, no estado norteamericano de Massachusetts, fixo público o achado dun manuscrito en gaélico irlandés antigo e inglés de principios do século XIX sobre tradicións, historia e poesía.

    Fonte: The Patriot Ledger

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder