Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de outubro de 2023

    A pesar de estar previsto nos orzamentos do Estado portugués, a Asociación da Lingua e Cultura Mirandesas aínda non recibiu o diñeiro para a creación do organismo que loite pola preservación do mirandés.

    Fonte: TSF

    27 de outubro de 2023

    A edición número XXXIII destes premios, que concede o Concello da Estrada, recoñece o labor de promoción e normalización da lingua galega da Pastelería Mimela, do programa da TVG «Dígocho Eu» e do obradoiro de gaitas García de Riobó.

    Fonte: CulturaGalega

    27 de outubro de 2023

    L’iris blanc é o título do novo volume de Astérix que sae á venda en todo o mundo en vinte linguas, entre elas o asturiano baixo o título El lliriu blancu.

    Fonte: Asturies.com

    27 de outubro de 2023

    A sinatura deste convenio supón a concesión de 12 000 euros en concepto de subvención nominativa á Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia polo que esta asesorará o Concello de Pamplona en cuestións lingüísticas relativas ao éuscaro e organizará actividades de difusión.

    27 de outubro de 2023

    O festival literario Folio reuniu na vila portuguesa de Óbidos investigadores e investigadoras de diversa índole para lanzar o Manifesto de Óbidos, unha declaración formal que defende a utilización do portugués como lingua de cultura e de ciencia.

    Fonte: Visão

    27 de outubro de 2023

    A aplicación de aprendizaxe de linguas Duolingo anunciou que non vai seguir actualizando o seu curso en liña de galés e iso a pesar de que esta lingua foi a que máis medrou no Reino Unido en 2020.

    Fonte: BBC

    26 de outubro de 2023

    As XLI Xornadas Internacionais de Estudo, que se celebrarán do 7 ao 9 de novembro, van contar cun programa que inclúe conferencias, presentacións e comunicacións sobre a lingua e a cultura asturianas.

    Fonte: Astur News

    26 de outubro de 2023

    Por medio dunha subvención de 35 000 euros, o Goberno vasco colaborará na organización das xornadas Xare, cuxo obxectivo é que a mocidade coñeza os recursos dixitais en éuscaro e fomentar o uso desta lingua no ámbito das TIC.

    Fonte: Gobierno Vasco

    26 de outubro de 2023

    Trátase de adhesivos (coñecidos como stickers) en lingua galega para empregar nas conversas de Whatsapp ou Telegram cos que expresar mensaxes curtas ou sentimentos dun xeito instantáneo.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    26 de outubro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do I Premio de Novela Álvaro Cunqueiro ao escritor Antón Riveiro Coello pola obra Hotel Carioca.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder