Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de xullo de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da XVI edición do curso de verán sobre dinamización lingüística Traballando en lingua, impulsado cada ano pola Universidade da Coruña (UDC) co apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Carballo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xullo de 2023

    O embaixador de Guinea Ecuatorial en Lisboa afirmou que o Goberno do seu pais decretou a introdución oficial da lingua portuguesa no sistema educativo.

    Fonte: e-Global

    12 de xullo de 2023

    A Fundación Barcelona Zoo e o TERMCAT, en colaboración co Museo de Ciencias Naturais de Granollers, publicaron en liña o Diccionari dels mamifers del món que recollerá 6800 termos correspondentes a mamíferos de todo o mundo.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    12 de xullo de 2023

    O Goberno do estado brasileiro do Amazonas quere aprobar un proxecto de lei que garanta o recoñecemento das linguas indíxenas que se falan no estado como patrimonio cultural inmaterial.

    Fonte: Mário Adolfo

    12 de xullo de 2023

    A Academia da Lingua Asturiana emitiu un comunicado en que rexeita a intención do partido político Vox de vetar as manifestacións culturais e artísticas en lingua asturiana e mostrouse contraria a calquera intento de minguar o uso social do idioma.

    Fonte: Nortes

    12 de xullo de 2023

    A exposición Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, comisariada polo historiador Ramón Villares, abriu as súas portas na Cidade da Cultura de Galicia. A mostra aborda o nacemento e traballo do seminario desde a súa fundación en 1923.

    Fonte: Cultura Galega

    11 de xullo de 2023

    O nivel de competencia en lingua albanesa entre a xente nova diminíu de acordo cos resultados das probas de maturidade realizadas en todo o país balcánico. A razón desta diminución podería estar no uso excesivo do inglés nas redes sociais.

    Fonte: Euroactiv

    11 de xullo de 2023

    A vixésimo primeira edición do Festigal, evento cultural organizado co gallo do Día da Patria Galega, contará no día 24 de xullo cunha gran noite de música en galego.

    Fonte: Cultura Galega

    11 de xullo de 2023

    Nos últimos catro anos, duplicáronse as obras traducidas ao asturiano e ao galego de Asturias. Do 2019 ao 2022 publicáronse un todal de 58 traducións fronte ás 31 dos catro anos anteriores.

    Fonte: RTPA

    10 de xullo de 2023

    O presidente de Malawi, Lazarus Chakwera, anunciou que o Ministerio de Educación decretará a introdución do suahili no currículo das escolas.

    Fonte: VOA News

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder