O Instituto de Estudos Cataláns publicou en liña o Diccionari essencial de la llengua catalana (DEIEC), unha ferramenta que conta con 39 300 palabras e que ofrece orientacións sobre a forma de usar as palabras, así como exemplos e combinacións léxicas que poden resultar de utilidade.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Centros educativos de Ames, Ponteareas e Allariz resultaron gañadores da XI edición de “Nós tamén creamos!”, un certame que busca fomentar a creatividade en galego e o uso das TIC entre o alumnado de educación infantil e primaria.
Fonte: CRTVG
O Tribunal Constitucional de Letonia considera que a norma que obriga ao ensino unicamente en letón é contraria á constitución do país báltico.
Fonte: Baltic News Newtwork
A Comisión de Cultura e Lingua Galesa do Parlamento de Gales ("Senedd" en galés) concluíu no seu último informe que a provisión educativa en lingua galesa debe fortalecerse por medio dun enfoque único e máis consistente en todo o País de Gales.
O Goberno vasco aprobou o modelo que se debe seguir en todos os departamentos e organismos autónomos para o novo período de planificación para a normalización do uso do éuscaro.
Fonte: Gobierno Vasco
TV3 e Catalunya Ràdio fusionaranse na marca 3Cat coa que buscan potenciar os contidos en catalán e mellorar a súa competitividade no actual contexto dixital.
Fonte: El Nacional
A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou a resolución das axudas ás entidades locais destinadas á creación, mantemento ou reforzamento dos seus servizos de normalización lingüística, así como ao desenvolvemento de programas de dinamización do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da xira de O furancho, o espectáculo da compañía Ibuprofeno Teatro que este xullo visitará sete concellos galegos dentro da programación do FalaRedes, o programa de dinamización lingüística impulsado pola Xunta de Galicia.
Os deputados e deputadas do Parlamento da India xa non terán que recorrer ao inglés ou hindi para poder seguir as sesións parlamentarias. Un novo plan da cámara baixa permitirá ofrecer un servizo de interpretación en 22 linguas indias.
Fonte: Hindustan Times
O Ministerio de Ensino Superior de Alxeria encomendou ás universidades a conformación de equipos pedagóxicos para que o inglés se converta no idioma estranxeiro principal da instrución universitaria, en detrimento do francés.
Fonte: Asharq Al-Awsat
Boletín
Subscríbase ao boletín



