O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no acto de inauguración da II edición dos cursos de lingua e cultura galega que organizan a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Secretaría Xeral de Presidencia en colaboración coa Casa de Galicia, e que consta de 70 horas.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A organización irlandesa Conradh na Gaeilge organiza Comhrá '23, unha conversa continuada en liña para promocionar o gaélico irlandés en todo o mundo durante 74 horas.
Fonte: Irish Central
A empresa FentPaís recibiu este galardón que ten como obxectivo impulsar o uso do catalán no ámbito empresarial como ferramenta de mellora cualitativa.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Joseff Gnagbo, refuxiado procedente de Costa do Marfil, que chegou ao País de Gales en 2018, convértese en presidente nacional da asociación Cymdeithas yr Iaith que promove a lingua galesa.
Fonte: Morning Star
O Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais e o Goberno de Navarra subscribiron un convenio para o fomento da produción, distribución, exhibición e promoción da industria cinematográfica e audiovisual en éuscaro no ano 2023.
Fonte: Audiovisual451
A poeta Yolanda Castaño, recentemente gañadora do Premio Nacional de Poesía 2023, colabora coa Xunta de Galicia no XII Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador, que se celebra na Illa de San Simón.
Fonte: Xunta de Galicia
Segundo os datos recollidos neste último informe, ao longo do ano 2022 tramitáronse 1048 expedientes, dos que 469 foron queixas. En termos xerais, as persoas usuarias queixáronse por cuestións relativas á toponimia, a sinalización, os servizos en liña ou a imposibilidade de uso do galego.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, presentaron a sexta edición do programa «Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra» que, no marco dos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados pola Xunta de Galicia e coordinados pola RAG, chega este outono a unha ducia de concellos das catro provincias galegas.
A serie documental Línguas da nossa língua, que se estreará en plataformas de contidos en liña como HBO, abordará a enorme diversidade que ten o Brasil. Os catro episodios do programa falarán de once linguas e sete falares brasileiros.
Fonte: Correio do Povo
O escritor e activista ambiental Ailton Krenak é o primeiro indíxena en se integrar na Academia Brasileira de Letras.
Fonte: Rádio Senado
Boletín
Subscríbase ao boletín

