O conselleiro do Medio Rural, José González, interveu na clausura dos Premios Bacelos de Prata en Ribadavia, organizados pola Asociación Álvaro de las Casas, que recoñecen o labor das empresas que apostan polo galego na etiquetaxe dos seus produtos.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O escape room itinerante, que percorrerá trece localidades vascas, ten como obxectivo impulsar a campaña Euskaraz barra-barra, que busca identificar espazos para falar en éuscaro nos ámbitos do comercio e a hostalería, e promover a activación social.
O valor económico do galego é o título deste documento pioneiro que, por primeira vez, mostra a contribución da lingua galega ao conxunto da economía de Galicia. Así, este informe cuantifica o seu impacto directo en 1440 millóns de euros de valor engadido bruto (VEB) e en 27 702 postos de traballo.
O colectivo Fala Ceibe do Bierzo solicita a delegación parcial para o Consello Comarcal da materia cultural no relativo á defensa e á promoción do galego nesta comarca, ante o temor de que se ignore o apoio institucional a esta lingua.
Fonte: Diario de León
A lingua alemá entrará con forza na campaña ás eleccións parlamentarias polacas. A minoría de lingua alemá quere que o goberno reconsidere a súa decisión de reducir nas escolas o número de horas semanais de alemán de tres a unha.
Fonte: DW
A organización sen ánimo de lucro Gael Linn administrará un ambicioso proxecto que pretende fortalecer o uso do gaélico irlandés nas escolas de ensino primario e secundario do condado de Donegal.
Fonte: Highland Radio
O Congreso Permanente da Lingua Occitana (CPLO) comezou a traballar na creación do Dicionario Xeral Informatizado da Lingua Occitana, un ambicioso proxecto que facilitará a difusión desta lingua romance.
Fonte: Jornalet
Amurrio organiza a campaña «Eman Aurpegia Euskararen alde» para fomentar a identificación das persoas que falan éuscaro. Pola súa banda, Llodio repartiu 2500 dicionarios nesta lingua entre establecementos comerciais e hostaleiros para que repartan entre a clientela.
Fonte: El Correo
A Mesa pola Normalización Lingüística iniciou unha campaña para esixir o cumprimento da Iniciativa Xabarín, que se aprobou por unanimidade no Parlamento galego en maio de 2021.
Fonte: Galicia Confidencial
O Parlamento aprobou unha moción en favor do modelo de inmersión lingüística da escola catalá e instou o Goberno de Cataluña a garantir que o catalán sexa lingua vehicular en todos os centros educativos, sen excepcións.
Fonte: El Periódico
Boletín
Subscríbase ao boletín

