Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de outubro de 2023

    O gobernos vasco e navarro, e mais o Organismo Público do Éuscaro impulsan unha campaña que, baixo o lema "Unamos as nosas voces – Batu ditzagun gure ahotsak", anima a cidadanía a entrar no portal gaitu.eus e gravar a súa voz para ensinarlles éuscaro ás máquinas e ás novas tecnoloxías.

    Fonte: Gobierno Vasco

    02 de outubro de 2023

    O escritor e enxeñeiro Francisco Fernández Dávila vén de alzarse gañador da XVII edición do Premio Narrativa Breve Repsol pola obra súa obra Groenlandia, un certame que conta co apoio da Xunta de Galicia co fin de reforzar a creación de literatura en galego e promover o uso social da lingua.

    02 de outubro de 2023

    O corno, unha longametraxe rodada en galego, vén de recibir a Cuncha de Ouro, un premio que constitúe un fito histórico para o audiovisual nesta lingua.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    02 de outubro de 2023

    A Xunta de Galicia celebra o Día Internacional da Tradución con dúas citas culturais ás que asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García: a presentación do libro A Cabeleira (Poema en 70 idiomas), de Claudio Rodríguez Fer, que se acompañou dun recital multilingüe do poema que, ata o de agora, é o texto galego traducido a máis idiomas do mundo e a entrega do XXI Premio Plácido Castro de Tradución.

    29 de setembro de 2023

    A medida de substitución do francés polo inglés como primeira lingua estranxeira nas escolas de Alxeria está a atopar unha importante resistencia xa que o francés segue a ser o idioma de elección en moitos ámbitos do país africano.

    Fonte: Europe 1

    29 de setembro de 2023

    As visitas ao acuario Sea Life do Porto poderán realizarse a partir de agora en lingua de signos portuguesa. 

    Fonte: Público

    29 de setembro de 2023

    O presidente de Francia, Emmanuel Macron mostrouse favorable perante a que Córsega poida conformar unha autonomía dentro da República francesa e a impulsar a lingua corsa.

    Fonte: Noticias de Guipuzcoa 

    29 de setembro de 2023

    Ademais do Premio Lingua e Empresa, cuxo é promover o uso do galego no ámbito empresarial de Ames, presentáronse os selos Rega, que se lles entregaron a todos os participantes en edicións anteriores do devandito galardón.

    Fonte: Concello de Ames

    29 de setembro de 2023

    A Deputación anunciou a elaboración dun plan estratéxico que ten como obxectivo garantir a posibilidade de vivir en éuscaro e favorecer o apoderamento dos falantes desta lingua.

    Fonte: Noticias de Álava

    29 de setembro de 2023

    A Enquisa de usos lingüísticas da poboación 2023, impulsada polo Departamento de Cultura e o Idescat, proporcionará información actualizada sobre a realidade lingüística de Cataluña, o que permitirá a posta en marcha de políticas de fomento do catalán e o aranés máis axustadas ás necesidades da cidadanía.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder