Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de setembro de 2023

    Os Premios escolares #DígochoEu chegan á súa terceira edición co obxectivo de seguir promovendo o uso do galego entre o alumnado de primaria e secundaria de Galicia e de calquera centro de fóra de Galicia no que se imparta esta lingua.

    Fonte: CRTVG

    29 de setembro de 2023

    O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou a creación do Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade co obxecto de revalorizar o galego a nivel internacional e reforzar as relacións co mundo lusófono, que tal e como lembrou conecta a través da fala unha comunidade de máis de 270 millóns de persoas.

    29 de setembro de 2023

    As Xornadas Pedagóxicas da Universidade Nacional Timor Lorosa’e (UNTL) que teñen lugar en Dili analizan o papel da lingua portuguesa no acceso ao coñecemento. Neste encontro, a ministra de Educación declarou que o seu goberno loitará por garantir a aprendizaxe da lingua portuguesa por toda a cidadanía timorense.

    Fonte: Observador

    28 de setembro de 2023

    Trátase do Dicionario Latín-galego, con máis de 24 000 entradas, e dun Dicionario Etimolóxico, que inclúe 4000. Ademais, ampliaron e melloraron o Dicionario Castelán-Galego, que xa estaba dispoñible na rede.

    Fonte: CulturaGalega.org

    28 de setembro de 2023

    As nove empresas que acaban de sumarse ao proxecto eusGara mostran así o seu compromiso co emprego do éuscaro e terán á súa disposición as ferramentas necesarias para unha correcta xestión lingüística.

    Fonte: Gobierno Vasco

    28 de setembro de 2023

    Este convenio de colaboración, que xa leva vixente máis de dúas décadas, ten como obxectivo fomentar o uso e a normalización do éuscaro.

    Fonte: Radio Popular

    27 de setembro de 2023

    Un estudo publicado pola Oficina Europea de Estatística (Eurostat) revela que o ensino das linguas estranxeiras seguiu en alza no ano 2021. Por exemplo, segundo esta análise, actualmente un 61 % do alumnado no segundo ciclo da educación secundaria estuda dúas ou máis linguas estranxeiras, un 2,6 % máis que no ano 2013.

    Fonte: Eurostat

    27 de setembro de 2023

    A radio e televisión públicas letoas rexeitan a medida gobernamental que avoga por prohibir contidos que estean producidos en lingua rusa a partir de 2026.

    Fonte: Baltic News Network

    27 de setembro de 2023

    O Goberno de Cataluña está a ultimar un plan para garantir o uso e o coñecemento do catalán no sistema de saúde, co que se reforzará a oferta formativa nesta lingua para o persoal sanitario.

    Fonte: El Món

    27 de setembro de 2023

    A comarca da Jacetania asinou coa Asociación Espelungué un convenio de colaboración para promover o aragonés no territorio, polo que asignará 1500 euros para impartir cursos desta lingua e realizar publicacións, xogos tradicionais ou actividades culturais.

    Fonte: Heraldo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder