Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de xuño de 2023

    O Goberno británico acaba de lanzar un proceso de consulta sobre os contidos da que será unha nova materia do ensino secundario: Lingua de Signos Británica.

    Fonte: BBC

    15 de xuño de 2023

    O Goberno vasco prevé un horizonte temporal de dez anos para garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía na súa relación coa Administración no marco do proxecto para a renovación do decreto que regula a normalización do uso do éuscaro no sector público.

    15 de xuño de 2023

    Co gallo da celebración do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, a CNSE demanda a aprobación da lei que recoñece estas linguas e regula os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas.

    Fonte: Fuentes Informadas

    15 de xuño de 2023

    O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, referiuse aos avances que a Lei de normalización lingüística de Galicia supuxeron para garantir que, 40 anos despois, “a lingua galega estea presente en todos os ámbitos”.

    14 de xuño de 2023

    Un informe sobre o cumprimento da lexislación lingüística revelou que a pesar de que as leis establecen que Bruxelas é unha cidade 100% bilingüe francés-neerlandés, a maior parte dos cargos directivos seguen a estar ocupados por persoas francófonas.

    Fonte: The Brussels Time

    14 de xuño de 2023

    Equator AL, unha tecnoloxía baseada na intelixencia artificial, recreou quince linguas ancestrais, entre as que se encontran o inglés antigo ou o idioma que falaban os fenicios. Esta nova ferramenta non só permite visitarmos o pasado, senón que nos axuda a comprendermos a evolución das linguas.

    Fonte: Maistecnologia 

    14 de xuño de 2023

    Os datos sociolingüísticos dos municipios cataláns dispoñibles en #Català947 publicáronse no portal Dades Obertes da Generalitat de Cataluña, un cambio que servirá para que esta información estea nun formato reutilizable para que poidan empregalos outros programas ou aplicacións.  

    14 de xuño de 2023

    O Instituto Catalán das Empresas Culturais publicou a convocatoria para a concesión de axudas á edición de audiolibros en catalán e occitano, que ten como obxectivo apoiar a publicación de audiolibros nestas linguas.

    Fonte: Publish News

    14 de xuño de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa en que se presentaron as bases da XXIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, convocado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia coa colaboración de Caixa Rural Galega. O obxectivo deste certame, que homenaxea a figura deste intelectual, é impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre en lingua galega, así como fomentar o debate e reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.

    13 de xuño de 2023

    O Ministerio de Dereitos Humanos e Pobos Indíxenas da Arxentina presentou o Dicionario Oficial Español-Quechua que nace como unha ferramenta de promoción e preservación da lingua quechua na provincia arxentina de Jujuy.

    Fonte: Gobierno de Jujuy

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder