Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de setembro de 2023

    O Congreso dos Deputados aprobou por maioría absoluta o uso das linguas cooficiais en toda a actividade parlamentaria grazas a unha reforma do seu regulamento. Isto permitiu que o galego fose a lingua que abriu a primeira sesión plenaria desta lexislatura.

    Fonte: EFE

    20 de setembro de 2023

    Arredor de 1300 estudantes reciben neste curso 2023-24 clases de aragonés en 30 centros de primaria e secundaria de 50 localidades de Aragón, o que supón un incremento con respecto a anos anteriores.

    Fonte: Aragón Noticias

    20 de setembro de 2023

    The last days of Terranova, versión en inglés da novela de Manuel Rivas O último día de Terranova, é unha das obras finalistas do premio de tradución da Spain-USA Foundation, convocado pola American Literary Translators Association.

    19 de setembro de 2023

    O colectivo de apoio ao galés Cylch yr Iaith alertou que o bilingüismo e uso de termos en inglés ao falar en galés pode erosionar a identidade e lingua galesas.

    Fonte: BBC

    19 de setembro de 2023

    Na reunión ministerial de Asuntos Xerais, os estados da Unión Europea mostraron as súas reservas acerca da oficialización do galego, o catalán e o éuscaro en Bruxelas.

    Fonte: Euronews

    19 de setembro de 2023

    O Concello de Elgoibar, a asociación Elgoibarko Izarra e os euskaltegis da localidade organizan unha nova edición do programa de faladoiros en éuscaro para mellorar a expresión oral nesta lingua.  

    Fonte: El Diario Vasco

    19 de setembro de 2023

    Co gallo da celebración o 23 de setembro do Día das Linguas de Signos e das Persoas Xordas, a federación galega demanda que se normalice o seu uso como unha lingua máis.

    Fonte: Galicia Press

    19 de setembro de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Ribeira na apertura da mostra itinerante «Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir», impulsada pola Xunta de Galicia no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2023.

    18 de setembro de 2023

    A Unión Europea anunciou por medio dunha resolución que o programa de mobilidades Erasmus+ poderá agora incorporar o uso do galego, catalán e éuscaro.

    Fonte: La Vanguardia

    18 de setembro de 2023

    A Asociación Pro Fundación Manoel Vello nace co obxectivo de impulsar proxectos destinados a fomentar o uso do galego en todos os ámbitos da sociedade.

    Fonte: Proxecto Manoel Vello

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder