Baixo o lema «Say yes», a Plataforma per la Llengua puxo en marcha unha campaña para solicitarlles aos estados que voten a favor da oficialidade do catalán na UE.
Fonte: La Vanguardia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Baixo o lema «Say yes», a Plataforma per la Llengua puxo en marcha unha campaña para solicitarlles aos estados que voten a favor da oficialidade do catalán na UE.
Fonte: La Vanguardia
Ambas as institucións asinaron un convenio marco de colaboración que ten como obxectivo fomentar o uso, a protección e a promoción das linguas e as modalidades lingüísticas propias de Aragón.
Fonte: La Litera Información
O mirandés é a segunda lingua oficial de Portugal hai agora 25 anos. Porén, a Carta Europea das Linguas Rexionais e Comunitarias aínda está pendente de ratificar por parte do parlamento nacional.
Fonte: RTP
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participaron na inauguración da exposición «Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito».
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Defensores da lingua mongol alertaron que as autoridades chinesas seguen a impor un férreo control sobre a lingua e cultura propias da rexión autónoma de Mongolia Interior. As autoridades prohibiron agora a publicación de libros de historia sobre o grupo étnico mongol.
Fonte: Voa News
No marco do programa Biribilko, o Concello de Bilbao organiza cursos de éuscaro dirixidos a profesionais da hostalería e o comercio co obxectivo de facilitarlles a aprendizaxe desta lingua, así como o seu uso nas relacións profesionais.
Fonte: Ayuntamiento de Bilbao
O Concurso de Poesía en Lingua Galega “Xaquina Trillo”, que convoca a Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa, está destinado ao alumnado da ESO.
Fonte: Diario de Arousa
A Generalitat de Catalunya asinou un acordo con GSMA, entidade que organiza o Mobile World Congress de Barcelona, polo que se comprometen a traballar conxuntamente na promoción do catalán no ámbito tecnolóxico e dixital a nivel global a través do proxecto AINA.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O próximo partido da Eurocopa 2024 entre Bélxica e Estonia será a ocasión escollida pola selección belga de fútbol para cantar o himno nacional nas tres linguas oficiais do país: francés, neerlandés e alemán.
Fonte: Plaza Deportiva
A terceira edición do Festival Go!Go!Zo!, que conta cada ano co apoio da Xunta de Galicia, porá o broche a case catro meses de actividades culturais tras reunir preto de 500 amantes da música no Monte do Gozo os vindeiros 23 e 24 de setembro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín