Barakaldo acolleu a presentación da iniciativa ‘Hizkuntzak kudeatzen’, no marco da que se levarán a cabos proxectos piloto para implementar o éuscaro como unha variable competitiva nas empresas.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Academia da Lingua Asturiana publicou o manual de 1.º da ESO Segundas foyas co que estrea unha nova colección dedicada ao ensino do galego-asturiano.
Fonte: La Voz de Asturias
Grazas á actualización do seu algoritmo, o catalán recupera a visibilidade nos resultados de busca de Google, o que duplicou a presenza desta lingua nos primeiros resultados.
Fonte: La Vanguardia
Os Premios Bacelos de Prata, que entrega a Asociación Álvaro das Casas, teñen como obxectivo recoñecer o labor de empresas que apostan polo galego na etiquetaxe dos seus produtos. As entidades galardoadas nesta edición de 2023 son as seguintes: a Adega Tapias Mariñán e a sociedade de gandeiros galegos Leite Noso.
A televisión TG4 lanza unha nova canle infantil en gaélico irlandés na República de Irlanda. A nova canle chámase Cúla4.
Fonte: BBC
No ámbito do proxecto “Cultura descentralizada e inclusiva”, a Cámara Municipal de Praia, capital de Mozambique, entregou 300 certificados de capacitación inicial en lingua francesa.
Fonte: Balai
O deputado de Sumar por Asturias, Rafa Cofiño, asegurou que o asturiano tamén se empregará no Congreso dos Deputados tras afirmar que se expresará nesta lingua nalgunha das súas intervencións.
Fonte: Europapress
O documental Aprender na língua própria. Das Escolas de Ensino Galego à Semente, producido por Aqueladas S. Cooperativa e cofinanciado pola Deputación da Coruña, afonda na historia do ensino en inmersión en lingua galega, desde os tempos das Irmandades da Fala até hoxe.
Fonte: Nós Diario
A axencia de desenvolvemento de Barakaldo quere sumarse ao proxecto do Goberno vasco Hizkuntzak kudeatzen que pretende potenciar o uso do éuscaro polas empresas para aumentar a súa competitividade.
Fonte: El Correo
Falece aos 80 anos a etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth, figura fundamental na recuperación e difusión do patrimonio musical de Galicia. Foi autora do Cancioneiro popular galego coa axuda do filólogo Antón Santamarina.
Fonte: Nós Diario
Boletín
Subscríbase ao boletín




