Un estudo elaborado na Universidade de East Anglia (Reino Unido) revelou que o grao de exposición á linguaxe adulta polos bebés nos seus primeiros anos de vida pode influír na formación da estrutura do seu cerebro.
Fonte: The Guardian
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un estudo elaborado na Universidade de East Anglia (Reino Unido) revelou que o grao de exposición á linguaxe adulta polos bebés nos seus primeiros anos de vida pode influír na formación da estrutura do seu cerebro.
Fonte: The Guardian
A cidade xaponesa de Hamamatsu presentou un novo plan de acción para promover o ensino da lingua xaponesa entre a poboación estranxeira.
Fonte: Portal Mie
A Generalitat de Cataluña e a Corporación Catalá de Medios Audiovisuais asinaron un convenio polo que a CCMA lle cederá o seu catálogo de series e películas en catalán, tanto dobradas como subtituladas, o que incrementará a presenza desta lingua nas plataformas audiovisuais como Netflix ou HBO.
Irekia, a canle de comunicación en liña entre a cidadanía e a Administración, estreou os subtítulos en éuscaro e castelán en tempo real nas roldas de prensa posteriores ao Consello de Goberno.
Fonte: Gobierno Vasco
O Goberno de Rusia quere introducir o ensino de tres linguas africanas (suahili, amhárico e ioruba) en escolas seleccionadas de Moscova. O obxectivo é estreitar lazos co continente africano polo illamento internacional que o país eslavo está a sufrir a consecuencia da guerra en Ucraína.
Fonte: The Pie News
O ministro de Educación de Marrocos anunciou que introducirá gradualmente o ensino da lingua tamazight ou bérber na educación primaria a partir do próximo curso académico. O obxectivo é que para o inicio do curso 2025-2026, o 50% das escolas poidan ofrecer ensino neste idioma.
Fonte: Morocco World News
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, avanzou que a Xunta de Galicia vai establecer unha colaboración co Instituto Camões que permita a certificación para o alumnado galego que curse lingua portuguesa no sistema educativo galego.
Fonte: Xunta de Galicia
A Deputación da Coruña publicou a resolución provisional das axudas a concellos e entidades locais da provincia para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística durante o ano 2023.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Ambas as institucións mantiveron un encontro na sede da Real Academia Galega co obxectivo de establecer vías de colaboración arredor da defensa das linguas que representan.
Fonte: Real Academia Galega
A Xunta de Galicia conmemora o 108 aniversario do nacemento do intelectual e político Ramón Piñeiro coa descuberta do seu busto, obra do ourensán Ramón Conde, que permanecerá no Pazo de San Roque, sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Subscríbase ao boletín