Meta, o xigante das novas tecnoloxías e as redes sociais, lanzou un novo modelo de intelixencia artificial que permitirá preservar a diversidade lingüística do mundo ao identificar máis de 4000 idiomas falados.
Fonte: Wired
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Meta, o xigante das novas tecnoloxías e as redes sociais, lanzou un novo modelo de intelixencia artificial que permitirá preservar a diversidade lingüística do mundo ao identificar máis de 4000 idiomas falados.
Fonte: Wired
As 216 persoas inscritas para realizar o exame que certifica un nivel intermedio B2 ou un nivel avanzado C1 de lingua asturiana comezarán as probas o 30 de setembro coa proba escrita.
Fonte: La Voz de Asturias
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, desprazáronse a Carballo para acompañar o equipo de Sica, a nova película da produtora galega Miramemira.
O Concello de Errenteria subvencionará os rótulos interiores e exteriores en éuscaro dos establecementos do municipio, así como os soportes escritos, web e actividades relacionadas coas novas tecnoloxías.
Fonte: El Diario Vasco
A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 é unha obra na que dezasete persoas novas de diferentes ámbitos valoran a situación actual do galego e imaxinan o seu futuro dentro de tres décadas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
As propostas gañadoras dos XIV Premios Rosalía de Castro de Lingua son: 'Pakolas. Rock infantil e familiar en galego' na categoría iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade; o Museo do Pobo Galego e Orgullo Galego, exaequo na categoría de entidades; e o técnico de normalización lingüística Daniel Romero na categoría de persoas.
O departamento francés de Morbihan (Bretaña francesa) acollerá un campamento de inmersión en lingua bretoa organizado pola asociación Saint-Vincent Ferrier.
Fonte: Ouest France
O Instituto Cultural Vasco e outras asociacións de Iparralde lanzan a convocatoria dunha residencia de creación literaria en éuscaro sobre o escritor Pierre Loti en varias localidades do País Vasco francés e Euskadi.
Fonte: Mediabask
A Plataforma per la Llengua sinala que os principais grupos hoteleiros con sede social no dominio lingüístico catalán non ofrecen a súa páxina web nesta lingua.
Fonte: VilaWeb
Unha nova web recolle, por primeira vez, todos os recursos dispoñibles para promover a aprendizaxe do catalán en orixe por parte dos estudantes internacionais que teñen prevista unha estancia nalgunha universidade de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Subscríbase ao boletín