As rúas das principais cidades de Galicia acolleron o 17 de maio, Día das Letras Galegas, manifestacións, convocadas pola plataforma Queremos Galego, para reivindicar a oportunidade de vivir en galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As rúas das principais cidades de Galicia acolleron o 17 de maio, Día das Letras Galegas, manifestacións, convocadas pola plataforma Queremos Galego, para reivindicar a oportunidade de vivir en galego.
Fonte: Galicia Confidencial
O Órgano de Seguimento e Coordinación do Estremeño e a súa Cultura e Wikimedia España asinaron un convenio de colaboración para fomentar o uso das linguas de Estremadura nos proxectos Wikimedia.
Fonte: Región Digital
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades celebra a implicación que a sociedade galega está a demostrar durante todo o mes de maio no gran día das súas Letras, cuxo acto central terá lugar en Vilanova de Lourenzá, vila natal de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado neste 2023.
Nunha carta dirixida ao Parlamento dos Países Baixos, o ministro de Educación, Ciencia e Cultura, Robbert Dijkgraaf, prometeu que reforzará o dominio da lingua neerlandesa nas universidades para contrarrestar a crecente influencia do inglés.
Fonte: Research Professional News
Un estudo revela que despois de 54 anos de bilingüismo, a maioría da cidadanía anglófona do Canadá se mostra indiferente cara á lingua francesa. O sentimento de indiferenza é maior na zona oeste do país.
Fonte: Western Standard
O Principado de Asturias e a Fundación Universidade Oberta de Cataluña colaborarán no desenvolvemento do tradutor automático neural ao abeiro do proxecto TAN-IBE que traballa en sistemas de tradución automática neuronal entre as linguas románicas da península ibérica.
Spotify está dispoñible en once novas linguas, o que eleva o número total de idiomas a 74, entre as que se incorporan o galego e o éuscaro.
Fonte: El Progreso
A Escola Galega de Administración Pública organiza, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, dous cursos de linguaxe xurídica galega (un de nivel medio e outro de nivel superior) destinados ao persoal da Administración de Xustiza que preste servizos fóra de Galicia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, e a distribuidora alimentaria Vegalsa-Eroski botan a andar un ano máis a campaña Letras Galegas para festexar o 17 de maio e homenaxear a Francisco Fernández del Riego cunha tirada especial de bolsas e carteis que chegarán a 215 establecementos da rede Eroski e Autoservicios Familia.
A parlamentaria groenlandesa Aki-Matilda Høegh-Dam négase a intervir en dinamarqués no Parlamento de Dinamarca e fai o seu discurso integramente en lingua inuit. A acción está avivando as tensas relacións que existen entre Dinamarca e o territorio autónomo de Groenlandia.
Fonte: The Guardian
Subscríbase ao boletín