O número de estudantes de fóra de Cataluña que se matricularon nos cursos de nivel inicial de lingua catalá da Universidade de Barcelona pasou de 264 do curso 2021-22 aos 604 do actual.
Fonte: La Vanguardia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O número de estudantes de fóra de Cataluña que se matricularon nos cursos de nivel inicial de lingua catalá da Universidade de Barcelona pasou de 264 do curso 2021-22 aos 604 do actual.
Fonte: La Vanguardia
A Deputación de Pontevedra destinará 125 000 euros a apoiar o mantemento dos servizos de normalización lingüística municipais dos concellos de Valga, Ponteareas, Moaña, A Cañiza e O Porriño neste exercicio de 2023.
Fonte: Deputación de Pontevedra
A Xunta inaugurou na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura a exposición «Francisco Fernández del Riego. A cultura galega como motivo de vida», co gallo da celebración o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas dedicadas ao autor.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O director executivo do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, João Laurentino Neves, identificou o grao de escolarización e as novas tecnoloxías como os maiores desafíos que ten a lingua portuguesa no mundo.
Fonte: Balai
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, e a empresa galega láctea Feiraco, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, botan a andar o XI Certame de relatos breves para celebrar o Día das Letras Galegas entre a rapazada incentivando o pensamento creativo e a escrita en lingua galega.
A Real Academia Galega analiza a evolución da celebración do Día das Letras Galegas ao longo de sesenta anos a través dunha mostra en liña na que de xeito cronolóxico repasa esta conmemoración.
Fonte: Real Academia Galega
O sindicado SUATEA demanda melloras nas condicións de traballo do profesorado das materias de lingua asturiana e de galego-asturiano que, na maioría dos casos, traballa a media xornada.
Fonte: Nortes
O Concello de Bilbao concede axudas para a aprendizaxe do éuscaro destinadas ao colectivo de nais e pais con fillos e fillas que nacesen a partir de 2009.
Fonte: Bige
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron na inauguración da exposición “Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Google anunciou a presentación do seu novo modelo de linguaxe capaz de realizar un importante número de tarefas en máis de 100 linguas. Responsables da multinacional defenderon que se trata do modelo de linguaxe máis rápido e eficiente que existe na actualidade.
Fonte: The Indian Express
Subscríbase ao boletín