Segundo informou o Ministerio de Educación da China, finalizou o traballo de investigación e protección dun proxecto de protección de recursos de idiomas que abarca máis de 120 linguas e dialectos chineses.
Fonte: CGTN
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Segundo informou o Ministerio de Educación da China, finalizou o traballo de investigación e protección dun proxecto de protección de recursos de idiomas que abarca máis de 120 linguas e dialectos chineses.
Fonte: CGTN
O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto institucional do día da Galiza Mártir, que se celebrou no monumento a Alexandre Bóveda, situado no lugar da Caeira.
O gañador do XXIX Premio de Poesía en Lingua Asturiana Fernán-Coronas é Pablo X. Suárez coa obra Entamos d’onomástica pola que recibirá 900 euros e a súa publicación.
Fonte: Asturies.com
O X Día das Galegas nas Letras homenaxeará a Aurora Marco López, profesora xubilada da Universidade de Santiago de Compostela, escritora e ensaísta.
Fonte: Nós Diario
Esta nova funcionalidade de Gmail traducirá automaticamente os correos recibidos que estean noutra lingua. Funcionará con todos os idiomas, sempre que o tradutor de Google o poida detectar baseándose no seu contido.
O Concello de Girona quere impulsar os influencers que publiquen contidos en catalán nas redes sociais co obxectivo de fomentar o uso desta lingua, así como promover a cidade.
Fonte: El Món
A primeira edición do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza arranca cun grande éxito de convocatoria, con case mil propostas na modalidade en castelán e cen na modalidade en galego.
Fonte: VigoÉ
Ata o 5 de novembro está aberto o prazo para a presentación de candidaturas ao Premio Revelación Literaria UCCLA-CMLisboa-Novos Talentos, Novas Obras en Lingua Portuguesa, destinado a escritores que non publicasen anteriormente.
Ao longo do mes de agosto a Fira Centre Comercial acolle un ciclo de cinema infantil en catalán que inclúe nove películas que se proxectarán os xoves ás 18.30 horas.
Fonte: Diari Més
O gran reto, a webserie impulsada por Alingua na que tres persoas castelanfalantes asumiron o desafío de falar galego durante 21 días, mostra a experiencia de Darío, Martiña e Nelu que explican as súas conclusións, reflexións, atrancos, logros, reaccións das persoas do seu contorno…
Subscríbase ao boletín