Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de agosto de 2023

    Convócase o XI Certame de monólogos cómicos en lingua galega 2023-24, unha iniciativa dirixida aos centros educativos da Coruña que ten como obxectivos fomentar o uso do galego entre o alumnado e potenciar a comprensión e a expresión oral, así como a creatividade neste idioma.

    14 de agosto de 2023

    A Xunta crea unha nova liña de axudas para apoiar os creadores galegos no seu labor de difusión da cultura galega fóra da Comunidade e para impulsar as relacións de cooperación con outros organismos e centros culturais de referencia. Poderán participar ata o 31 de outubro escritores, tradutores, deseñadores gráficos ou ilustradores que deberán publicar despois a obra resultante en lingua galega.

    11 de agosto de 2023

    O Concello de Laudio aboou os importes das 103 solicitudes presentadas á convocatoria de axudas para as bolsas de éuscaro do curso 2022-2023.

    Fonte: Noticias de Álava

    11 de agosto de 2023

    Para paliar esta situación, o Goberno de Andorra convocou un concurso público para a posta en marcha dunha campaña de sensibilización destinada aos falantes de catalán para que usen esta lingua en todos os ámbitos e con calquera interlocutor.   

    Fonte: Diari d'Andorra

    11 de agosto de 2023

    O embaixador de Acerbaixán en Ucraína reuniuse con varios membros da Universidade Lingüística Nacional de Kiev para abordar o ensino da lingua e a literatura acerbaixana.

    Fonte: Azertac

    11 de agosto de 2023

    Google acaba de lanzar unha ferramenta que ten como obxectivo mellorar a exactitude gramatical das frases e oracións directamente na barra de buscas. De momento, esta función só se pode usar nos EUA.

    Fonte: AndroidTR

    11 de agosto de 2023

    O lingüista brasileiro Victor D. O. Santos é o autor da obra Lo que nos hace humanos, un libro que invita a reflexionar sobre o valor de todas as linguas e da diversidade das diferentes culturas e estilos de vida.

    Fonte: Ansa Latina

    11 de agosto de 2023

    Baixo o nome de Santxikorrota, esta carreira polas Bardenas Reales, que se celebrará o vindeiro 1 de outubro,  ten como obxectivo impulsar o coñecemento e o uso do éuscaro no sur de Navarra, así como promover actitudes positivas cara a esta lingua.

    Fonte: Noticias de Navarra

    10 de agosto de 2023

    Esta campaña de promoción lectora ten como obxectivo que a cidadanía poida intercambiar libros ao tempo que se fomenta a lectura en valenciano, para o que se instalou un andel na entrada do Consistorio.  

    Fonte: El Periòdic

    10 de agosto de 2023

    Segundo un informe do Observatorio Puntueus, o algoritmo de Google responde ás buscas de usuarios euscaldúns con resultados en castelán, o que supón unha exclusión para o éuscaro e unha redución da visibilidade desta lingua na rede.

    Fonte: Onda Vasca

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder