Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de maio de 2023

    A Semana das Letras Asturianas conclúe cun movemento de reivindicación lingüística que reclama a reforma do Estatuto de Autonomía e a oficialidade do asturiano e do galego-asturiano para a próxima lexislatura.

    Fonte: El Salto

    08 de maio de 2023

    O estudo do Instituto de Estatística de Navarra (Nastat) reflicte a competencia lingüística en éuscaro da poboación residente en Navarra no ano 2021 e especifica que a porcentaxe de persoas que entenden e falan ben esta lingua é de 14,9 %, a de persoas que a entenden ben ou con dificultade pero non a falan ou o fan con dificultade é de 11,6 % e a de persoas non vascofalantes, de 73,5 %.

    Fonte: La Vanguardia

    08 de maio de 2023

    Este certame ten como obxectivo fomentar a creatividade do alumnado universitario e de desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como contribuír a descubrir potenciais figuras deste ámbito da cultura.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    08 de maio de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do premio convocado pola Xunta de Galicia Concurso-Exposición Letras Galegas 2023, na categoría Infantil e Primaria, ao colexio CEIP Juan Rey de Lourenzá.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    08 de maio de 2023

    Decenas de personalidades de toda a lusofonía adheríronse ao proxecto "Cidadania da Língua Portuguesa", unha iniciativa da Asociación Portugal-Brasil 200 anos.

    Fonte: Expresso50

    07 de maio de 2023

    Ante o crecente interese polo inglés, o ministro de Cultura e Comunicacións de Marrocos, Mohamed Mehdi Bensaid, anunciou que creará espazos de emisión de noticias nesta lingua na televisión pública.

    Fonte: Morocco World News

    05 de maio de 2023

    A escritora mozambicana Paulina Chiziane recibiu en Lisboa o Premio Camões 2021 cun discurso en que pediu "a descolonización da lingua portuguesa" para que se converta nun patrimonio de todas as persoas.

    Fonte: VOA

    05 de maio de 2023

    Dúas universidades da República Moldova ofrecerán unha formación en lingua romanesa para persoas refuxiadas procedentes de Ucraína. A iniciativa está apoiada polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD)

    Fonte: EU Neighbours East

    05 de maio de 2023

    Un grupo de científicos das universidades de Glasgow e Edimburgo están traballando nun sistema de subtitulado de gaélico escocés baseado na intelixencia artificial que podería ser empregado na BBC.

    Fonte: Scottish Field

    05 de maio de 2023

    Co fin de apoiar o proxecto do Goberno de Gales de conseguir o millón de falantes de galés para o ano 2050, o municipio galés de Ceredigion quere que cinco escolas de ensino en inglés pasen ao sistema de inmersión en galés.

    Fonte: Wales Online

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder