Esta feira, que se desenvolverá entre os días 9 ao 12 de agosto no municipio de Felipe Carrillo Puerto, ten como obxectivo promover e difundir as linguas indíxenas de México.
Fonte: Gobierno de México
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Esta feira, que se desenvolverá entre os días 9 ao 12 de agosto no municipio de Felipe Carrillo Puerto, ten como obxectivo promover e difundir as linguas indíxenas de México.
Fonte: Gobierno de México
A Fundación BBVA presentou a terceira edición do Diccionario del español actual, que xa está dispoñible en liña e que recolle o léxico documentado en España durante os últimos 73 anos.
Fonte: Fundéu
A Xunta destina 350 000 euros á promoción da lingua galega en 68 concellos e agrupacións locais a través dunha convocatoria de subvencións ás entidades locais de Galicia para fomentar a prestación dun servizo lingüístico e promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega este 2023.
O Festival Intercéltico de Lorient ofrece todos os días cursos de bretón dunha duración de 40 minutos para aprender palabras básicas desta lingua, así como a súa cultura e historia.
Fonte: Ouest-France
Un total de 139 ciclos e mestrados de Formación Profesional desenvolverán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira no curso 2023/24. A Xunta publicou a resolución definitiva pola que se autoriza un total de 67 ciclos formativos e 6 cursos de especialización plurilingües que comezan a partir de setembro en 26 centros educativos galegos.
A UE, a través da súa plataforma EU Academy, ofrece cursos das 29 linguas oficiais, a maioría de niveis básicos, para practicar de xeito fácil e interactivo a través de vídeos que ofrecen situacións de inmersión no idioma seleccionado.
Fonte: Computer Hoy
Estas axudas, que teñen asignado un orzamento de 37 600 euros, están destinadas a apoiar actividades que contribúan ao fomento do uso do éuscaro na sociedade.
Estas lentes de realidade virtual, desenvolvidas no Hospital Santa Marina de Bilbao, son, polo momento, só un prototipo e imitan situacións reais coas que os profesionais poden mellorar o seu éuscaro.
Fonte: EITB
Segundo os datos do Sistema de Información Cultural de 2010, o ayapaneco ou zoque-ayapaneco, unha lingua da familia mixe-zoque, contaba nese ano con só 21 falantes, moitos deles persoas maiores.
Fonte: Central
Un total de 12 creadores poderán participar nas residencias literarias na illa de San Simón que vén de convocar a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, unha das novas accións incluídas no Plan de impulso ao libro galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín