Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de agosto de 2023

    A campaña 'La universitat, en català!'' recibiu 88 queixas por discriminacións lingüísticas na universidade no curso 2022-2023, a maioría en Cataluña.

    Fonte: El Nacional

    01 de agosto de 2023

    Cada seis meses, o Concello de Amurrio actualiza o denominado Mapa do Ésucaro, unha ferramenta creada en 2019 que permite identificar establecementos e persoas do municipio que utilizan o éuscaro.

    Fonte: Noticias de Álava

    01 de agosto de 2023

    ATB Digital estreou o 1 de agosto un resumo de noticias en aimará que se retransmitirá a través das súas redes sociais, así como da páxina web desta canle.

    Fonte: ATB Digital

    01 de agosto de 2023

    Dentro da oferta formativa para o primeiro semestre do curso 2023/2024 inclúense cursos de galego para non galegofalantes (niveis básicos A1 e A2) que están abertos a calquera persoa interesada maior de 16 anos.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    31 de xullo de 2023

    O catalán e a política lingüística situaranse como eixes prioritarios dos orzamentos de cultura para 2024, como se demostra en iniciativas como o Pacto Nacional pola Lingua.

    Fonte: El Periódico

    31 de xullo de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia propón oficializar unha toponimia bilingüe que afectaría a nomes como Villafranca del Bierzo-Vilafranca do Bierzo.

    Fonte: León Noticias

    31 de xullo de 2023

    Outorgaranse ata 600 euros para as mellores teses de doutoramento escritas en galego e ata 150 no caso dos Traballos Fin de Grao e Traballos Fin de Mestrado. Con esta iniciativa a Universidade de Vigo busca impulsar o uso desta lingua neste tipo de traballos.

    31 de xullo de 2023

    A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua recompilará na súa conta de Twitter, por segundo ano, recomendacións de lecturas, audiovisuais, webs de proxectos, campañas, xogos… baixo o cancelo #veránlingua.

    Fonte: CTNL

    31 de xullo de 2023

    A VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos celebrarase na Cidade da Cultura o vindeiro 21 de setembro e nela reuniranse algúns dos maiores especialistas en toponimia e cartografía de España  para tratar a relación existente entre os nomes xeográficos e o mundo dixital.

    Fonte: Real Academia Galega

    29 de xullo de 2023

    O Centro Cultural e Artístico e da Lingua Irlandesa da cidade norteirlandesa de Amargh vai colaborar coa Universidade do Úlster para poder outorgar certificados oficiais de competencia de gaélico irlandés.

    Fonte: Armaghi

     

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder