O filme Detectiu Conan: Black Iron Submarine estréase en 35 salas de toda Cataluña na súa versión dobrada e en versión orixinal subtitulada en catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O filme Detectiu Conan: Black Iron Submarine estréase en 35 salas de toda Cataluña na súa versión dobrada e en versión orixinal subtitulada en catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Casa das Linguas da Universidade da Rioxa anunciou a súa oferta en linguas estranxeiras para o novo curso 2023-2024. Esta inclúe cursos de inglés, francés, italiano e alemán entre outros.
Fonte: Universidade de La Rioja
Tras unha reunión coa agrupación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith, a empresa de transportes Transport for Wales comprometeuse a expandir o uso do galés tanto nos sinais informativos como por parte do seu persoal.
Fonte: Nation Cymru
O estado brasileiro de Amazonas aprobou unha lei que recoñece a oficialidade de 17 linguas, 16 delas indíxenas.
Fonte: O Primeiro Portal
A praza da Quintana e o parque de Bonaval de Santiago de Compostela acollerán o Trad Fest cunha selección de voces da música de raíz dos panoramas galego e internacional. En total haberá 12 horas ininterrompidas de música, baile, tradición e vangarda.
Fonte: Cultura galega
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, informou favorablemente ao concello de Vigo sobre o plan presentado para a construción da nova biblioteca do estado na cidade.
Fonte: Xunta de Galicia
O primeiro ministro de Portugal, António Costa, defendeu a importancia do ensino do portugués en Timor Leste e afirma que esta lingua forma a identidade do país asiático.
Fonte: Público
A nova constitución de Malí, aprobada en xuño cun 96,9 % de apoios, non recoñece o francés como lingua oficial. A partir de agora, 13 linguas nacionais recibirán este status.
Fonte: Africa News
As demandas laborais do País Vasco está levando a moitas persoas de Miranda a estudar o éuscaro. Por este motivo, a lingua vasca estase a asentar como o segundo idioma máis demandado da Escola de Idiomas desta localidade burgalesa.
Fonte: Diario de Burgos
O circuíto das Feiras do Libro impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías chega a Rianxo con medio centenar de actividades para todos os públicos. A cita, instalada na praza de Castelao, é a décima parada desta ruta que ata o mes de agosto percorre 15 localidades.
Fonte: Cultura de Galicia
Subscríbase ao boletín