O Goberno do País Vasco convocou subvencións para realizar cursos de reforzo de lingua estranxeira en centros privados concertados que imparten cursos de formación profesional.
Fonte: Euskadi
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Goberno do País Vasco convocou subvencións para realizar cursos de reforzo de lingua estranxeira en centros privados concertados que imparten cursos de formación profesional.
Fonte: Euskadi
O novo Goberno da Generalitat Valenciana, dos partidos PP e Vox, eliminará a obrigatoriedade do 25% do catalán como lingua vehicular en escolas de oito comarcas, tal como anunciou o novo conselleiro de Educación, José Antonio Rovira.
Fonte: El Nacional
A Asociación da Lingua e Cultura Mirandesas (ALCM) informou de que o deputado polo partido Livre, Rui Tavares, presentou unha proposta para integrar a lingua mirandesa na Constitución da República Portuguesa.
Fonte: Mensageiro de Bragança
Kíiv, a capital de Ucraína, decretou unha prohibición temporal das manifestacións culturais públicas en lingua rusa por mor da invasión de Rusia.
Fonte: DW
A Secretaría de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat de Catatluña apoiou a dobraxe ao catalán do filme de éxito Barbie que se estrea agora en máis de 30 salas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela acaba de publicar a oferta de linguas para o novo curso académico. Alemán, catalán, checo, francés, inglés, italiano e portugués no Campus de Santiago e alemán, francés e inglés, no Campus de Lugo, serán as linguas ofertadas.
Un informe publicado polo Comité de Expertos sobre o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Comunitarias do Consello de Europa revela que Serbia conseguiu mellorar a situación das súas linguas minorizadas malia que aínda sexan precisos máis esforzos para garantir o seu uso en educación, medios de comunicación e vida pública.
Fonte: Council of Europe
O Goberno de España aprobou en Consello de Ministros o regulamento das condicións de uso da lingua de signos española e dos medios de apoio á comunicación oral para persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas.
Fonte: Europa Press
O primeiro ministro de Gales e a líder do Consello de Cornualles asinaron un acordo de entendemento para potenciar a colaboración en materia lingüística, entre outros ámbitos de interese.
Fonte: Business Cornwall
Os diferentes concellos que integran a comarca de Oarsoaldea, na provincia de Guipúscoa, organizaron un sorteo para premiar as persoas que realizaron a declaración da renda en éuscaro.
Fonte: El Diario Vasco
Subscríbase ao boletín