Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de xullo de 2023

    O Consello da Cultura Galega participará na Mostra Internacional do Teatro de Ribadavia coa presentación dun avance do proxecto audiovisual A memoria do teatro galego na Transición que está a realizar coa Academia Galega de Teatro.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    19 de xullo de 2023

    A directora de Nós Diario participou nos XXXIII Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” cun relatorio sobre os medios de comunicación e o idioma do país. María Obelleiro ofreceu un percorrido pola historia do xornalismo en galego e reflexionou sobre os atrancos que limitan a presenza da nosa lingua no ecosistema mediático.

    Fonte: Real Academia Galega

    19 de xullo de 2023

    Un informe publicado polo Comité de Expertos sobre o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Comunitarias do Consello de Europa revela que Austria fixo avances positivos na protección e promoción das súas linguas minoritarias mais debe seguir traballando porque aínda quedan aspectos sen tratar.

    Fonte: Council of Europe

    19 de xullo de 2023

    A minoría étnica de fala alemá de Polonia lanzou unha campaña para que o Goberno polaco garanta o ensino en lingua alemá despois dos recortes que fixo no pasado.

    Fonte: Notes from Poland

    19 de xullo de 2023

    Un estudo publicado en PLoS Biology revelou que as persoas investigadoras que non teñen o inglés como lingua materna destinan o dobre de tempo a ler, redactar e presentar datos nesta lingua.

    Fonte: Nature

    19 de xullo de 2023

    Rosalía Oculta, de Paula Mayor Art, foi a obra que se impuxo no XVIII Premio Castelao de Banda Deseñada convocado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña. Por outra banda, Cristian F. Caruncho venceu na categoría para público infantil e xuvneil con O día de San Martiño.

    Fonte: Deputación da Coruña

    18 de xullo de 2023

    A revista científica da Euskaltzaindia ou Real Academia da Lingua Vasca terá o seu propio sitio web onde os lectores poderán ter acceso á información dun xeito máis enriquecedor.

    Fonte: Noticias de Guipuzkoa

    18 de xullo de 2023

    A localidade portuguesa de Vila Nova de Cerveira entregou os Certificados de Portugués como Lingua de Acollemento a 74 migrantes, de 11 nacionalidades diferentes, que están a residir e trabalhar no concello.

    Fonte: Diário do Minho

    18 de xullo de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do “scape room” O circo do silencio, unha actividade dirixida especialmente á mocidade que pasará por 10 concellos galegos dentro da programación do FalaRedes 2023, o programa de dinamización lingüística impulsado pola Xunta.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    18 de xullo de 2023

    A Fundación Insua dos Poetas celebra a XV Festa da Palabra do Carballiño que homenaxeará o poeta Arcadio López-Casanova.

    Fonte: Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder