Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de xullo de 2023

    A exposición Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, comisariada polo historiador Ramón Villares, abriu as súas portas na Cidade da Cultura de Galicia. A mostra aborda o nacemento e traballo do seminario desde a súa fundación en 1923.

    Fonte: Cultura Galega

    11 de xullo de 2023

    O nivel de competencia en lingua albanesa entre a xente nova diminíu de acordo cos resultados das probas de maturidade realizadas en todo o país balcánico. A razón desta diminución podería estar no uso excesivo do inglés nas redes sociais.

    Fonte: Euroactiv

    11 de xullo de 2023

    A vixésimo primeira edición do Festigal, evento cultural organizado co gallo do Día da Patria Galega, contará no día 24 de xullo cunha gran noite de música en galego.

    Fonte: Cultura Galega

    11 de xullo de 2023

    Nos últimos catro anos, duplicáronse as obras traducidas ao asturiano e ao galego de Asturias. Do 2019 ao 2022 publicáronse un todal de 58 traducións fronte ás 31 dos catro anos anteriores.

    Fonte: RTPA

    10 de xullo de 2023

    O presidente de Malawi, Lazarus Chakwera, anunciou que o Ministerio de Educación decretará a introdución do suahili no currículo das escolas.

    Fonte: VOA News

    10 de xullo de 2023

    Un acordo entre as forzas con representación no parlamento permitirá que unha fundación administre publicamente o Panteón de Galegos Ilustres, actualmente en propiedade arcebispal.

    Fonte: Cultura Galega

    10 de xullo de 2023

    O Tribunal Constitucional non admite que os concellos vascos dean maior prioridade ao éuscaro na xestión administrativa.

    Fonte: El Diario Vasco

    10 de xullo de 2023

    O programa de parellas lingüísticas “Voluntariat per la Llengua” da Generalitat de Cataluña, xestionado polo Consorcio pola Normalización Lingüística, conmemora vinte anos de existencia.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    10 de xullo de 2023

    O proxecto de tradución automática neuronal para as linguas románicas da península ibérica (TAN-IBE), no que traballan varias universidades, pretende aproveitar a intelixencia artificial para desenvolver mecanismos de tradución a linguas con menos recursos como o aragonés, aranés e asturiano, por exemplo.

    Fonte: Galicia Confidencial

    10 de xullo de 2023

    O Laboratorio de Linguas da Universidade Estatal de Londrina, no estado brasileiro do Paraná, abriu o prazo de matrícula para cursos de 8 linguas: alemán, lectura instrumental en alemán, español, francés, inglés, lectura instrumental en inglés, inglés para crianzas, italiano, latín, mandarín e portugués para falantes doutras linguas.

    Fonte: O Perobal

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder