Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de xullo de 2023

    A Real Academia Galega amplía ata o xoves 27 de xullo o prazo para participar no concurso Contádenos o voso Día das Letras 2023. A iniciativa diríxese a todos os centros escolares de educación infantil e primaria e mais ao alumnado con necesidades especiais de apoio educativo.

    Fonte: Real Academia Galega

    18 de xullo de 2023

    A Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña amplía o sitio web da campaña Provem-ho en català que busca fomentar o uso da lingua catalá en varios ámbitos de lecer durante o verán. 

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    17 de xullo de 2023

    Alcaldes nacionalistas do País Vasco maniféstanse contra a sentenza do Tribunal do Constitucional que prohibe o uso prioritario do éuscaro nas corporacións municipais.

    Fonte: El País

     

     

     

    17 de xullo de 2023

    Impronta Editorial publicou La guerra del medrosu, novela en asturiano de Gonzalo Barreñada, vencedora da segunda edición do premio Andrés Solar da Oficina de Normalización Lingüística do Concello de Xixón.

    Fonte: La Nueva España

     

    17 de xullo de 2023

    O Censo de entidades de fomento da lingua catalá ten agora 321 entidades tras incorporar este ano 31 novos rexistros. A media de adhesións mantense nas 20 entidades máis cada ano.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    17 de xullo de 2023

    O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou nun acto institucional o 40º aniversario da súa creación co que renovou o seu compromiso coa defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

     

    17 de xullo de 2023

    Co fin de espallar a lingua galesa nas pantallas do público norteamericano, o produtor e actor canadense Ryan Reynolds quere emitir contidos en galés na televisión estadounidense.

    Fonte: The Guardian

    16 de xullo de 2023

    A segunda edición de SAGA, salón do gaming, consolídase como evento de referencia da industria dos xogos en lingua catalá. A organización prevé superar a cifra de 3500 asistentes en comparación coa edición anterior.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    14 de xullo de 2023

    Co apoio do Goberno de Andorra, e elaborado conxuntamente polo Departamento de Empresa e Traballo da Generalitat de Cataluña e o TERMCAT, preséntase a versión actualizada e mellorada do Dicionari de turisme, que contén máis de 1200 termos.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    14 de xullo de 2023

    Un estudo realizado por un grupo de expertos dunha plataforma de aprendizaxe de linguas revelou que, dunha selección de 16 linguas europeas, o portugués é considerado o idioma europeo do amor e a familia.

    Fonte: The Portugal News

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder