Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de xullo de 2023

    A Xunta de Galicia acaba de resolver o programa de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística correspondentes ao curso 2022/2023, coa selección de oito centros que destacan polas súas propostas innovadoras para o fomento do uso da lingua galega, sobre todo entre a mocidade.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    09 de xullo de 2023

    Unha serie radiofónica da BBC e RTÉ, producida en gaélico irlandés, explora a fascinante historia dos barrios históricos da cidade de Belfast.

    Fonte: The Irish News

    07 de xullo de 2023

    A minista de Educación de Estonia, Kristina Kallas, alertou que para poder implementar o plan de educación en lingua estoniana o Estado deberá destinar máis financiamento cada ano.

    Fonte: ERR

    07 de xullo de 2023

    Dinamarca non obrigará as persoas con titulación en enfermaría procedentes de fóra da Unión Europea a realizaren un exame de dinamarqués para que poidan traballar no país.

    Fonte: The Local

    07 de xullo de 2023

    Segundo a “Estatística de características esenciais da poboación e vivendas. Linguas. 2021", elaborada polo Instituto de Estatística de Cataluña (Idescat), o 67,5 % da poboación estranxeira que habita en Cataluña sabe falar catalán; o 72,9 % sábeo ler; e o 57 %, escribir.

    07 de xullo de 2023

    O Instituto de Estudos Cataláns publicou en liña o Diccionari essencial de la llengua catalana (DEIEC), unha ferramenta que conta con 39 300 palabras e que ofrece orientacións sobre a forma de usar as palabras, así como exemplos e combinacións léxicas que poden resultar de utilidade.

    07 de xullo de 2023

    Centros educativos de Ames, Ponteareas e Allariz resultaron gañadores da XI edición de “Nós tamén creamos!”, un certame que busca fomentar a creatividade en galego e o uso das TIC entre o alumnado de educación infantil e primaria.

    Fonte: CRTVG

    07 de xullo de 2023

    O Tribunal Constitucional de Letonia considera que a norma que obriga ao ensino unicamente en letón é contraria á constitución do país báltico.

    Fonte: Baltic News Newtwork

    07 de xullo de 2023

    A Comisión de Cultura e Lingua Galesa do Parlamento de Gales ("Senedd" en galés) concluíu no seu último informe que a provisión educativa en lingua galesa debe fortalecerse por medio dun enfoque único e máis consistente en todo o País de Gales.

    Fonte: Senedd Cymru / Welsh Parliament

    06 de xullo de 2023

    O Goberno vasco aprobou o modelo que se debe seguir en todos os departamentos e organismos autónomos para o novo período de planificación para a normalización do uso do éuscaro.

    Fonte: Gobierno Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder