Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de xullo de 2023

    TV3 e Catalunya Ràdio fusionaranse na marca 3Cat coa que buscan potenciar os contidos en catalán e  mellorar a súa competitividade no actual contexto dixital.  

    Fonte: El Nacional

    06 de xullo de 2023

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou a resolución das axudas ás entidades locais destinadas á creación, mantemento ou reforzamento dos seus servizos de normalización lingüística, así como ao desenvolvemento de programas de dinamización do galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    06 de xullo de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da xira de O furancho, o espectáculo da compañía Ibuprofeno Teatro que este xullo visitará sete concellos galegos dentro da programación do FalaRedes, o programa de dinamización lingüística impulsado pola Xunta de Galicia.

    06 de xullo de 2023

    Os deputados e deputadas do Parlamento da India xa non terán que recorrer ao inglés ou hindi para poder seguir as sesións parlamentarias. Un novo plan da cámara baixa permitirá ofrecer un servizo de interpretación en 22 linguas indias.

    Fonte: Hindustan Times

    05 de xullo de 2023

    O Ministerio de Ensino Superior de Alxeria encomendou ás universidades a conformación de equipos pedagóxicos para que o inglés se converta no idioma estranxeiro principal da instrución universitaria, en detrimento do francés.

    Fonte: Asharq Al-Awsat

    05 de xullo de 2023

    Grazas ao traballo conxunto entre o Departamento de Cultura e a Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA), nun mes a plataforma HBO Max pasou de ter menos do 0,1 % do seu catálogo en catalán, a ofrecer preto do 7 % de contido nesta lingua.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    05 de xullo de 2023

    Este hospital barcelonés inaugurou unha exposición que, baixo o título ‘Quan parles fas màgia’, ten como obxectivo fomentar o uso do catalán entre os profesionais do ámbito sanitario.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    04 de xullo de 2023

    Presentan un proxecto no municipio de Santa Cruz do Sul, no estado brasileiro de Río Grande do Sur, para converter a lingua alemá en patrimonio histórico da localidade. En breve, o municipio conmemorará os 200 anos da colonización xermánica.

    Fonte: GAZ

    04 de xullo de 2023

    Motivada pola necesidade de que as súas fillas aprendesen portugués, a luso-estadounidense Andrea Nunes, afincada en EUA, publicou a serie de libros Stella learns Portuguese co obxectivo de promocionar a aprendizaxe da lingua portuguesa.

    Fonte: Sapo 24

    04 de xullo de 2023

    Os establecementos comerciais de Bermeo poderán recibir unha axuda de ata 300 euros por colocar os rótulos en éuscaro. Trátase dunha iniciativa do concello que ten como obxectivo fomentar o uso desta lingua no ámbito comercial e empresarial.

    Fonte: Radio  Popular

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder