SignaMed é un proxecto que ten como principal obxectivo o desenvolvemento colaborativo do primeiro dicionario multiplataforma, accesible vía web desde calquera dispositivo, de termos de saúde en lingua de signos española.
Fonte: Universidade de Vigo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
SignaMed é un proxecto que ten como principal obxectivo o desenvolvemento colaborativo do primeiro dicionario multiplataforma, accesible vía web desde calquera dispositivo, de termos de saúde en lingua de signos española.
Fonte: Universidade de Vigo
A Universidade de Santiago deu a coñecer as persoas gañadoras da primeira edición do certame ‘Vémolo nós’, unha iniciativa que ten como obxectivo promover a produción e a difusión de vídeos curtos e orixinais que fomenten o galego como lingua de divulgación científica.
A comisaria da Lingua Galesa do País de Gales, Efa Gruffudd Jones, anunciou normas de cumprimento sobre o uso do galés para organismos reguladores de profesións do ámbito sanitario.
Fonte: WalesOnline
Este verán estrearanse seis grandes filmes en Cataluña dobrados ao catalán, o primeiro deles Indiana Jones i el dial del destí, como resultado da aposta do Goberno da comunidade polo fomento desta lingua no audiovisual.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O profesor da Universidade de Santiago de Compostela Felipe Gago é o responsable da tradución ao galego de Xogando co infinito, unha obra divulgativa da húngara Rózsa Péter que trata conceptos matemáticos relacionados co infinito.
O Goberno vasco aprobou un novo decreto que regula o sistema de avaliación, acreditación e recoñecemento do nivel de desenvolvemento do éuscaro na actividade e xestión de entidades públicas e privadas, co que se pretende avanzar cara á normalización desta lingua nas institucións.
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou a Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Narón, aprobada no Pleno da Corporación do 27 de abril de 2023 e que establece o galego como lingua oficial deste ente local.
Fonte: CTNL
A empresa de radio e televisión turca TRT África iniciará a súa emisión en varios países africanos e transmitirá en inglés, francés, suahili e hausa.
Fonte: TRT
O Parlamento de Dinamarca aprobou unha reforma do ensino superior que levará a un incremento do número de prazas en carreiras universitarias impartidas en inglés.
Fonte: The Local
A Semana Cultural pola Oficialidade do Asturiano chega á súa edición número 27 cun variado programa de actividades para todos os públicos.
Fonte: Asturies.com
Subscríbase ao boletín