Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de xuño de 2023

    A autoridade unitaria de Scottish Borders, no sur de Escocia, quere desenvolver un plan de promoción do gaélico escocés que axude a incrementar o seu uso na municipalidade.

    Fonte: The National 

    21 de xuño de 2023

    O forte descenso do número de alumnado pode pór en risco a supervivencia da Escola Galesa de Londres. O centro localizado no barrio londiniense de Ealing conta actualmente con 8 alumnos e alumnas.

    Fonte: Evening Standard

    21 de xuño de 2023

    Alingua (Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega) convidou a unha serie de persoas referentes para a mocidade a contar a súa “historia co galego”, que publican periodicamente nas redes sociais co cancelo #amiñahistoriacogalego e que aparecen reunidas nunha mesma lista de Youtube.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    21 de xuño de 2023

    «SIGNAPP, una mà de signes» é unha aplicación creada pola Asociación ACILS que contén unha recompilación de glosarios específicos en lingua de signos catalá e ten como obxectivo crear un espazo único para consultas de signos de ámbitos específicos.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    20 de xuño de 2023

    Unha nova lei obrigará as universidades neerlandesas a reduciren até un terzo o número de materias que se poden impartir en inglés. A lei tamén contempla a posibilidade de obrigar os estudantes estranxeiros a aprenderen nocións básicas de neerlandés.

    Fonte: The Guardian

    20 de xuño de 2023

    As escolas de ensino básico de Miranda do Douro contan desde xa co primeiro manual didáctico de ensino do mirandés, segunda lingua oficial de Portugal desde 1999.

    Fonte: Portugal Digital

    20 de xuño de 2023

    A Junta de Estremadura está a impulsar o ensino e a aprendizaxe da lingua e a cultura portuguesas, un feito que reflicte no número de persoas, máis de 25 000, que estudan este idioma na rexión en diferentes etapas educativas.

    Fonte: Diario de Mérida

    20 de xuño de 2023

    Mediante a concesión destas axudas o Concello de Éibar pretende incrementar a presenza do éuscaro na paisaxe lingüística do municipio, coa incorporación desta lingua a rótulos, inscricións ou outros elementos da imaxe corporativa de establecementos comerciais e industriais ou sedes de entidades asociativas.

    20 de xuño de 2023

    O Distintivo de Galeguización Gal Ego, que se porá en marcha o vindeiro curso, ten como obxectivo incentivar o uso da lingua galega nas facultades e nas escolas da Universidade de Vigo.

    Fonte: Universidade de Vigo

    20 de xuño de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participaron no acto de entrega dos premios aos gañadores da duodécima edición de “Lingua de namorar”, o certame en liña impulsado pola Xunta que promove a creación de mensaxes de amor en galego entre a mocidade.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder