Varias artistas musicais do País de Gales néganse a participar no festival nacional da lingua e literatura en galés Eisteddfod polas estritas normas lingüísticas que as obrigan a traducir todas as súas letras ao galés.
Fonte: BBC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Varias artistas musicais do País de Gales néganse a participar no festival nacional da lingua e literatura en galés Eisteddfod polas estritas normas lingüísticas que as obrigan a traducir todas as súas letras ao galés.
Fonte: BBC
O Termcat publicou en liña a terminoloxía das plataformas de vídeo á cata, que recolle un cento de termos vinculados con este ámbito como produtos e xéneros audiovisuais, navegación e xestión das aplicacións, tecnoloxías implicadas no servizo, entre outros.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Premio IES-G chega á súa oitava edición na que recoñece o labor da Pastelería Mimela polo emprego do galego na súa actividade diaria. En concreto, o alumnado valorou o uso desta lingua na atención oral á clientela, os carteis do establecemento, as campañas publicitarias e os contidos das redes sociais.
Fonte: Faro de Vigo
O concurso Euspot, que naceu en 2001 para impulsar a creación de anuncios en éuscaro, chegou á súa edición número 12 na que se alcanzou unha participación histórica con 149 candidaturas, 54 máis que o ano anterior.
Fonte: Irekia
O Goberno de Aragón actualizou o CatAragonario, o dicionario dialectal do catalán que se fala nesta comunidade, con 3000 novas entradas, co que xa alcanza as 15 000 voces, que van acompañadas das súas correspondencias en castelán e catalán estándar.
Os cursos, que se desenvolverán en liña, son os seguintes: Curso Básico de Aproximación á Lingua Estándar, Curso de Actualización de Competencias Lingüísticas e Curso Superior de Competencias Lingüísticas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade da Coruña convoca a décima edición do Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega, que inclúe dúas modalidades, unha dirixida ao alumnado de calquera das facultades de Dereito de Galicia e outra para persoas licenciadas ou graduadas en Dereito.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga) celebrou o seu pleno anual, onde se deu a coñecer o plan de traballo para esta anualidade, que inclúe dous novos estudos sobre a dixitalización das persoas maiores e uso do galego no eido dixital.
Un grupo de alumnado de varias universidades brasileiras venceu o premio German-Brazilian EdTech Hackathon 2023 pola súa aplicación que fomenta a aprendizaxe da lingua de signos.
Fonte: Só Notícia Boa
As autoridades chinesas anunciaron a prohibición da aprendizaxe do tibetano na rexión tibetana de Kham Kardze, segundo informou o grupo freetibet.org.
Fonte: Phayul
Subscríbase ao boletín