Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de xuño de 2023

    Equator AL, unha tecnoloxía baseada na intelixencia artificial, recreou quince linguas ancestrais, entre as que se encontran o inglés antigo ou o idioma que falaban os fenicios. Esta nova ferramenta non só permite visitarmos o pasado, senón que nos axuda a comprendermos a evolución das linguas.

    Fonte: Maistecnologia 

    14 de xuño de 2023

    Os datos sociolingüísticos dos municipios cataláns dispoñibles en #Català947 publicáronse no portal Dades Obertes da Generalitat de Cataluña, un cambio que servirá para que esta información estea nun formato reutilizable para que poidan empregalos outros programas ou aplicacións.  

    14 de xuño de 2023

    O Instituto Catalán das Empresas Culturais publicou a convocatoria para a concesión de axudas á edición de audiolibros en catalán e occitano, que ten como obxectivo apoiar a publicación de audiolibros nestas linguas.

    Fonte: Publish News

    14 de xuño de 2023

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa en que se presentaron as bases da XXIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, convocado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia coa colaboración de Caixa Rural Galega. O obxectivo deste certame, que homenaxea a figura deste intelectual, é impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre en lingua galega, así como fomentar o debate e reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.

    13 de xuño de 2023

    O Ministerio de Dereitos Humanos e Pobos Indíxenas da Arxentina presentou o Dicionario Oficial Español-Quechua que nace como unha ferramenta de promoción e preservación da lingua quechua na provincia arxentina de Jujuy.

    Fonte: Gobierno de Jujuy

    13 de xuño de 2023

    Varios municipios bilingües do Quebec unen as súas forzas para impugnar a Lei 96 que regulará a lingua francesa. Consideran que é abusiva xa que baixo o novo texto lexislativo vai ser máis difícil recibir servizos en lingua inglesa.

    Fonte: RCI 

    13 de xuño de 2023

    Tras detectar que a competencia lectora segue a ser unha materia pendente en Euskadi, o Departamento de Educación desenvolveu a aplicación ITT para medir o rendemento en lectura do alumnado de Primaria tanto en éuscaro como en castelán.

    Fonte: Deia

    13 de xuño de 2023

    A webserie Pringadas, dirixida por Belén Piume, é a primeira serie creada en galego que se ofrece no catálogo da plataforma dixital Filmin, na que xa está dispoñible a primeira tempada.  

    Fonte: Culturagalega

    13 de xuño de 2023

    A campaña "Provem-ho en català", que busca fomentar o hábito de falar en catalán, resultou gañadora dun premio Impacte na categoría “Impacte de la producció”.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    13 de xuño de 2023

    Nove historias resultaron gañadoras no VI Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal, no que participaron máis dun milleiros de persoas con textos de ata 200 palabras.

    Fonte: Real Academia Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder