Un xuíz do País de Gales deulle a razón a unha condutora que reclamara a presentación de documentación bilingüe galés-inglés para o pagamento dunha multa nun aparcadoiro de Anglesey.
Fonte: BBC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un xuíz do País de Gales deulle a razón a unha condutora que reclamara a presentación de documentación bilingüe galés-inglés para o pagamento dunha multa nun aparcadoiro de Anglesey.
Fonte: BBC
A Escolinha da Língua Portuguesa de Portadown, Irlanda do Norte, ofrece aulas de lingua portuguesa a nenos e nenas procedentes de familias de orixe lusófona e suple a falta de medios no ensino da lingua portuguesa nesta parte do Reino Unido.
Fonte: Observador
O novo programa diario, que permite aumentar os contidos televisivos informativos en aranés producidos pola Corporación Catalá de Medios Audiovisuais, emitirase con subtítulos para facilitar a aprendizaxe do aranés aos aprendices e facelo accesible ás persoas con dificultades auditivas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Miles de persoas esixen que todos os navarros e navarras poidan empregar o éuscaro nunha manifestación de ambiente festivo, convocada pola plataforma Sorionekuak.
Fonte: Noticias de Navarra
Esta versión en galego do Novo Testamento é unha iniciativa promovida por Wycliffe Associates e executada por un grupo de tradutores galegos.
Fonte: Faro de Vigo
O político Camilo Nogueira e o xurista Carlos Varela recibiron a insignia de honra da Irmandade Xurídica Galega polo seu impulso da Lei de normalización lingüística e o seu traballo a prol desta lingua no ámbito xudicial.
Fonte: Nós Diario
Fernando Cabeza Quiles é o autor do volume Toponimia de Ribeira no que explica a orixe e o significado de máis de 200 nomes de lugar deste concello coruñés.
Fonte: Real Academia Galega
Emmanuelle Blatmann, embaixadora de Francia en Nixeria, asinou un acordo para promover o ensino da lingua francesa nas escolas públicas da cidade nixeriana de Lagos.
Fonte: Businnes Day
O municipio de Belle-Baie, da provincia canadense de Nova Brunswick, converteu o francés na súa única lingua oficial. Porén, fontes do municipio confirmaron que se ofrecerán servizos en inglés despois de que algúns residentes rexistraran queixas.
Fonte: CBC
A colección “Oporrak Euskara”, de exercicios escolares para o verán en éuscaro, completa a oferta da editorial en todas as linguas cooficiais de España. Con estes cadernos, proponse tarefas de investigación, innovación e experimentación dirixidas ao alumnado do último curso de Educación Infantil ata 5.º de Primaria, para que poñan en práctica os seus coñecementos e se divirtan durante as vacacións.
Fonte: NIUS
Subscríbase ao boletín