Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de xuño de 2023

    Os investigadores Ricardo Pichel e Rodrigo Pousa Diéguez publican un artigo na Revista Murguía que fala do achado dun documento histórico, unha receita da segunda metade do s. XV, de gran relevancia para a historia social da lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    05 de xuño de 2023

    A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua entregará o 9 de xuño en Pontevedra os Premios Mil Primaveras, cuxo obxectivo é difundir e poñer en valor proxectos que poden servir de modelo de boas prácticas no ámbito da normalización do galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    05 de xuño de 2023

    O alumnado do IES Rafael Dieste da Coruña puxo en marcha unha iniciativa para poñer en valor a música en galego, coa recomendación de 40 cancións e unha listaxe aberta de Spotify con 120 temas.

    Fonte: Quincemil

    05 de xuño de 2023

    Unha das cadeas de supermercados máis emblemática do País Vasco, Eroski, vai fomentar o éuscaro como parte da súa estratexia de diferenciación respecto a outras grandes marcas. Este apoio plasmarase en accións concretas, como a alianza coa Escola Pública Vasca para impulsar o ensino desta lingua.  

    Fonte: Bilbaohiria

    05 de xuño de 2023

    O 20 % das federacións deportivas do País Vasco sumouse ao acordo de colaboración entre o Goberno vasco e a Unión de Federacións Deportivas para promover o uso do éuscaro no deporte.

    Fonte: Irekia

    02 de xuño de 2023

    Un estudo elaborado na Universidade de East Anglia (Reino Unido) revelou que o grao de exposición á linguaxe adulta polos bebés nos seus primeiros anos de vida pode influír na formación da estrutura do seu cerebro.

    Fonte: The Guardian

    02 de xuño de 2023

    A cidade xaponesa de Hamamatsu presentou un novo plan de acción para promover o ensino da lingua xaponesa entre a poboación estranxeira.

    Fonte: Portal Mie

    02 de xuño de 2023

    A Generalitat de Cataluña e a Corporación Catalá de Medios Audiovisuais asinaron un convenio polo que a CCMA lle cederá o seu catálogo de series e películas en catalán, tanto dobradas como subtituladas, o que incrementará a presenza desta lingua nas plataformas audiovisuais como Netflix ou HBO.

    02 de xuño de 2023

    Irekia, a canle de comunicación en liña entre a cidadanía e a Administración, estreou os subtítulos en éuscaro e castelán en tempo real nas roldas de prensa posteriores ao Consello de Goberno.

    Fonte: Gobierno Vasco

    02 de xuño de 2023

    O Goberno de Rusia quere introducir o ensino de tres linguas africanas (suahili, amhárico e ioruba) en escolas seleccionadas de Moscova. O obxectivo é estreitar lazos co continente africano polo illamento internacional que o país eslavo está a sufrir a consecuencia da guerra en Ucraína.

    Fonte: The Pie News

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder