Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de maio de 2023

    O alumnado de 4º da ESO deste centro puxo en marca a campaña "Aquí tamén se fala galego" dirixida aos comercios da cidade coa que pretende demostrar que na Coruña si se fala esta lingua.  

    Fonte: Quincemil

    26 de maio de 2023

    A Dirección Insular de Política Lingüística outorgoulles a 107 entidades e empresas axudas para o impulso do uso do catalán na rotulación, a etiquetaxe, a edición de material impreso, a merchandaxe, as páxinas web ou as aplicacións para móbiles, entre outras.

    26 de maio de 2023

    A vixésimo sétima edición destes galardóns recoñecen o labor do xornal dixital Gciencia, por darlle visibilidade ao galego nas redes sociais; a Rosa Castro Legazpi, pola súa contribución á consolidación desta lingua nos medios de comunicación; e a Felipe Senén López, pola súa traxectoria na defensa do patrimonio cultural de Galicia.

    26 de maio de 2023

    O pleno do Congreso do Perú aprobou unha iniciativa popular para que o español poida ser recoñecido como idioma oficial do Tribunal Internacional de Xustiza.

    Fonte: Congreso de la República

    26 de maio de 2023

    O Tribunal Administrativo de Montpellier, en Francia, anulou o regulamento dos concellos de Elna, Els Banys, Tarerac, Portvendres e Sant Andreu de Sureda (Cataluña do Norte) que permitía empregar o catalán nos plenos. O tribunal argumenta que o francés non pode ficar relegado a unha simple lingua de tradución.

    Fonte: El Periódico

     

    26 de maio de 2023

    Meta, o xigante das novas tecnoloxías e as redes sociais, lanzou un novo modelo de intelixencia artificial que permitirá preservar a diversidade lingüística do mundo ao identificar máis de 4000 idiomas falados.

    Fonte: Wired

    25 de maio de 2023

    As 216 persoas inscritas para realizar o exame que certifica un nivel intermedio B2 ou un nivel avanzado C1 de lingua asturiana comezarán as probas o 30 de setembro coa proba escrita.

    Fonte: La Voz de Asturias

    25 de maio de 2023

    O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, desprazáronse a Carballo para acompañar o equipo de Sica, a nova película da produtora galega Miramemira.

    25 de maio de 2023

    O Concello de Errenteria subvencionará os rótulos interiores e exteriores en éuscaro dos establecementos do municipio, así como os soportes escritos, web e actividades relacionadas coas novas tecnoloxías.

    Fonte: El Diario Vasco

    25 de maio de 2023

    A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 é unha obra na que dezasete persoas novas de diferentes ámbitos valoran a situación actual do galego e imaxinan o seu futuro dentro de tres décadas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder