As propostas gañadoras dos XIV Premios Rosalía de Castro de Lingua son: 'Pakolas. Rock infantil e familiar en galego' na categoría iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade; o Museo do Pobo Galego e Orgullo Galego, exaequo na categoría de entidades; e o técnico de normalización lingüística Daniel Romero na categoría de persoas.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O departamento francés de Morbihan (Bretaña francesa) acollerá un campamento de inmersión en lingua bretoa organizado pola asociación Saint-Vincent Ferrier.
Fonte: Ouest France
O Instituto Cultural Vasco e outras asociacións de Iparralde lanzan a convocatoria dunha residencia de creación literaria en éuscaro sobre o escritor Pierre Loti en varias localidades do País Vasco francés e Euskadi.
Fonte: Mediabask
A Plataforma per la Llengua sinala que os principais grupos hoteleiros con sede social no dominio lingüístico catalán non ofrecen a súa páxina web nesta lingua.
Fonte: VilaWeb
Unha nova web recolle, por primeira vez, todos os recursos dispoñibles para promover a aprendizaxe do catalán en orixe por parte dos estudantes internacionais que teñen prevista unha estancia nalgunha universidade de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua) estreou a webserie O gran reto, na que tres persoas castelanfalantes teñen que superar o desafío de vivir 21 días en galego e relatar a súa experiencia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destacou o papel que exercen as radios escolares dos centros educativos como “espazos para a mellora das competencias lingüísticas e de expresión oral do alumnado”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, compartiron con vinte mozos e mozas pertencentes ao Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, unha visita guiada pola Cidade da Cultura, dentro da viaxe que están a realizar por Galicia.
O Goberno do Quebec quere crear unha excepción no que respecta á súa nova Lei da lingua francesa (Lei 96) e exonerar os pobos orixinarios do Canadá da súa aplicación.
Fonte: CBC
O reitor da Universidade Tecnolóxica de Chipre, Panagiotis Zafiris, anunciou que, a partir do próximo curso, novos estudos conducentes ao grao serán ofertados en lingua inglesa.
Fonte: Cyprus Mail
Boletín
Subscríbase ao boletín


