Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de xuño de 2023

    O ministro de Educación de Marrocos anunciou que introducirá gradualmente o ensino da lingua tamazight ou bérber na educación primaria a partir do próximo curso académico. O obxectivo é que para o inicio do curso 2025-2026, o 50% das escolas poidan ofrecer ensino neste idioma.

    Fonte: Morocco World News

    01 de xuño de 2023

    O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, avanzou que a Xunta de Galicia vai establecer unha colaboración co Instituto Camões que permita a certificación para o alumnado galego que curse lingua portuguesa no sistema educativo galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    01 de xuño de 2023

    A Deputación da Coruña publicou a resolución provisional das axudas a concellos e entidades locais da provincia para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística durante o ano 2023.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    01 de xuño de 2023

    Ambas as institucións mantiveron un encontro na sede da Real Academia Galega co obxectivo de establecer vías de colaboración arredor da defensa das linguas que representan.

    Fonte: Real Academia Galega

    01 de xuño de 2023

    A Xunta de Galicia conmemora o 108 aniversario do nacemento do intelectual e político Ramón Piñeiro coa descuberta do seu busto, obra do ourensán Ramón Conde, que permanecerá no Pazo de San Roque, sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

    31 de maio de 2023

    Un proxecto sociolingüístico elaborado polos investigadores caboverdianos Bernardino Tavares e Aleida Vieira investiga as interaccións sociais, lingüísticas e laborais de persoas migrantes lusófonas en Luxemburgo.

    Fonte: Expresso das Ilhas

    31 de maio de 2023

    O Goberno de Iraq está axudando a preservar a lingua siríaca, ou arameo siríaco, co lanzamento dunha canle de televisión nesta lingua.

    Fonte: Barron's

    31 de maio de 2023

    Estas axudas municipais para 2023 están destinadas á cidadanía que queira aprender éuscaro, así como a incrementar o uso desta lingua en establecementos comerciais e empresas locais e a premiar a aprobación do exame teórico do permiso de conducir en éuscaro.  

    Fonte: El Diario Vasco

    31 de maio de 2023

    Este estudo sobre a diversidade lingüística de Arteixo demostra que este municipio conta con residentes que falan linguas dos cinco continentes de países como China, Tailandia, Australia, Marrocos, Xordania, Rusia, Holanda etc.

    Fonte: El Ideal Gallego

    31 de maio de 2023

    Estas axudas, que se distribuirán por grupos, están destinadas á prensa diaria, edicións dixitais, radios e axencias de noticias que emiten noticias en internet.

    Fonte: Gobierno Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder